Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Club de lectura. Abril

3 Maio 2023 / 18:30 20:30

O libro seleccionado polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de abril (xuntanza o 3 de maio) á Memorias de Leticia Valle, de Rosa Chacel.

2023-05-03 ClubLectura RosaChacel

Publicada en 1945, Memorias de Leticia Valle é unha das obras máis destacadas de Rosa Chacel.
En Memorias de Leticia Valle, Rosa Chacel desenvolve de xeito maxistral a capacidade de sedución da pequena Leticia, quen, con perversa inxenuidade, xoga coa súa propia paixón e cas paixóns que ela mesma desata. desencadena.

A piques de cumprir os doce anos, Leticia, orfa de nai, trasládase xunto co seu pai, militar que vén de regresar da guerra de Marrocos, e coa súa tía Aurelia a Simancas (Valladolid). Alí, a nena, dona dun talento extraordinario e dunha sorprendente madurez, recibirá clases de música en casa de Luisa, unha muller fermosa e mundana –en palabras de Leticia–, coa que entablará unha estreita amizade. Daniel, home de Luisa, entra na vida de Leticia cando comeza a darlle clases para non desaproveitar o gran talento da nena.

Memorias de Leticia Valle foi galardoada co Premio Castela e León das Letras en 1991.
Foi levada ao cine por Miguel Ángel Rivas en 1980, con Emma Suárez no papel de Leticia.

Espazo Ateneo

Doutor Cadaval 17
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
696 856 947
View Venue Website