Adolescencia e pornografía

Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

Pepe Cabido e Chis Oliveira conversan sobre as consecuencias que ten o modelo pornográfico na adolescencia. Será o xoves 9 de novembro, ás 19.00 horas, na Casa Galega da Cultura.

cinemAteneo: Gaza

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

Nun momento de intensidade extrema no conflito palestino-israelí, o cinemAteneo organiza e emisión da película documental Gaza, de Carles Bover e Julio Pérez. Será o luns 13 de novembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO. Para comentar a película contaremos coa presenza de Mohamed Safa.

Realidades e mitos da IA

Mitos e realidades da Intelixencia artificial. Martes 14 de novembro, 19.30 horas, biblioteca da EMAO. Con Antonio Torrado. Presenta Luís Otero.

Presentación libro. Xaime Toxo

Libraría Versus Venezuela 80, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico organiza a presentación da novela 70º Norte, de Xaime Toxo, publicada por Editorial Galaxia. O acto terá lugar o mércores 15 de novembro, ás 20 horas, na libraría Versus. O autor estará acompañador por Manolo Bragado e Marcos Calveiro.

Presentación libro: Nones Araújo

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico ten o pracer e o orgullo de presentar a última novela da nosa socia e amiga Nones Araújo. Tratase da novela 'A madriña', que foi galardonada co premio Alén do Concello de Ares e a Editorial Hércules. No acto, que terá lugar o xoves 16 de novembro, ás 19.30 na biblioteca da EMAO, a autora estará acompañada por Enrique León e a editora, Laura Rodríguez.

Pressentación libro: Chisco Fdez Naval

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

Ser cetáceo é o título do último libro de Francisco X. Fernández Naval, libro que presentará con nós o luns 20 de novembro, ás 19.30 horas na biblioteca da EMAO. No acto, o autor estará acompañado de Chis Oliveira e Antonio García Teijeiro.

Elvira Landín

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico quere sumarse aos actos de recoñecemento a Elvira Landín pola súa traxectoria en prol da defensa xurídica dos dereitos laborais das traballadoras e traballadores, iniciada en tempos do franquismo. O acto de nomeamento como Socia de Honra do Ateneo terá lugar o mércores 22 de novembro, ás 19 horas, na biblioteca da EMAO.

Coidando a democracia

Sede Zona Franca Areal 46, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico ten o pracer de presentar a Manuela Carmena que vai conversar con nós sobre 'coidar a democracia'. O acto terá lugar o xoves 23 de novembro, ás 19.30 horas, no auditorio da sede de Zona Franca (rúa Oporto 3). Carmena estará acompañada por Teresa Conde-Pumpido e Luísa Abad, Presidenta do Ateneo, que actuará como presentadora.
A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.