Saída de outono

Para inaugurar o novo curso cultural do Ateneo, temos argallada a nosa habitual saída de outono.
Nesta ocasión, e recollendo as demandas da nosa afiliación, decidimos pasar dous días na contorna do Porto. Para isto eliximos os días 14 (sábado) e 15 de outubro.

Cafés históricos de Vigo

Café Vitruvia Praza de Compostela 5, Vigo, Galiza, Spain

O Café Vitruvia, en colaboración co Ateneo Atlántico, organiza a sesión histórico-lúdico-vitícola "Os cafés históricos de Vigo". Fala e dirixe a sesión: Xavier Castro. O acto terá lugar o martes 17 de outubro, ás 20 horas, no café Vitruvia (Praza de Compostela, 5. Vigo). Serviranse viños da Adega Son de Arrieiro (D.O. Ribeiro) e intervirá a adegueira Xulia Bande.

Economía feminista

Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

Economía feminista. Sobre epítetos, oxímoron e outros paradoxos. Como pode ser que o enfoque da economía non sexa feminista. Arredor deste título tan atraente conversan Coral del Río e Amada Traba. Será o xoves 19 de outubro, ás 17.30 horas, na Casa Galega da Cultura.

cinemAteneo. Memorias rotas

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

Na nosa sección de cine (cinemAteneo) o próximo 23 de outubro, luns, veremos e comentaremos o documental Memorias Rotas, de Manane Rodríguez. Será ás 19.30 horas nos Multicines Norte e contaremos coa presenza da directora e a presentación de Emilio Fernández Zunzunegui. En el pueblo de Acebo - pueblo de pocos amigos,donde matan a los...

Saúde Mental e social

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O martes 24 de outubro estará con nós a psicóloga e psicoterapeuta Carmen Lorenzo para falar sobre Saúde mental e social. O acto terá lugar na biblioteca da EMAO e comezará ás 19.30 horas.

Creo que estou namorado

Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

No ano do Centenario do Celta, o Ateneo Atlántico quere sumarse aos actos de conmemoración deste fito fundamental na historia do club e, tamén, da cidade de Vigo.
No acto, que terá lugar o xoves 26 de outubro na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2), intervirán Manuel Bragado (editor), Jacobo Buceta (periodista) e Ana Guantes (periodista).
Será de libre asistencia ata completar aforo.

Medios e políticos, baixo sospeita

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O martes 31 de outubro, o profesor e xornalista Luís Álvarez Pousa estará con nós para falar do seu último libro: Medios e políticos, baixo sospeita; 1990-2023. Será ás 19.30 horas na biblioteca da EMAO e estará acompañado de Xulio Ríos e María Xosé Porteiro.

Club de lectura. Novembro

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O libro elixido polo Club de Lectura para ler ao longo do mes de outrubro e comentar o 8 de novembro é Tirano Banderas, de Ramón María del Valle-Inclán.