- This event has passed.
Adolescencia e pornografía
9 Novembro 2023 / 19:00 – 21:00
As consecuencias na adolescencia do modelo pornográfico
Pepe Cabido e Chis Oliveira conversan sobre as consecuencias que ten o modelo pornográfico na adolescencia. Será o xoves 9 de novembro, ás 19.00 horas, na Casa Galega da Cultura.
Pepe Cabido
Xosé Cabido Pérez. Licenciado en Filosofía pola USC. Profesor de filosofía desde 1992, actualmente no IES Antón Fraguas de Compostela. Recoñecemento por parte da Consellería de Educación para impartir Igualdade.
Profesor titor do curso Formación Inicial en igualdade dirixido aos novos e novas docentes desde o
ano académico 2018-19.
Membro do SN do sindicato STEG, do que foi responsable da Secretaria de Acción Política desde o ano 2006 ate o ano 2011. Organización especialmente recoñecida polo traballo coeducativo e por unha acción política feminista.
Membro do equipo de igualdade do IES Fontexería de Muros desde o 2014-15 e agora do IES Antón Fraguas de Compostela desde o curso 2020-2021. Participa nos proxectos Donas de si e 365 en igualdade desde o curso 2014-15 ata a súa refundición no Iguala-T.
Realización co alumnado de 3º da ESO e de 4º da ESO do IES Fontexería de Obradoiros de novas Masculinidades no centro desde o curso 15-16. Realización co alumnado de 1º Bach. do IES Fontexería dun Obradoiro de novas Masculinidades en Guimarães desde o curso 16-17. Realización de obradoiros dirixidos a homes en numerosos centros de Galiza.
Como membro do equipo de igualdade do IES Fontexería de Muros recibiu o III Premio Concepción Arenal 2016: “Proxectos educativos en Educación secundaria” que titularon Nós tamén Navegar. Premio de innovación educativa do Plan LIA de bibliotecas escolares da Consellaría de educación na modalidade intercentros de traballos por proxectos: un proxecto de filosofía desde secundaria para infantil e primaria: “Atrevéndonos a valorar o valioso”. Curso 16-17. Premio Educacompostela (segundo) por material educativo innovador: Proxecto intercentros de mitoloxía para crianzas. Proxecto de filosofía con alumnado de secundaria, primaria e infantil. Curso 15-16. Coordinador de varios grupos de traballo no IES Fontexería entre os que gosta destacar do GT “Traballo por proxectos dende a Biblioteca” vencellado o pensamento crítico e á filosofía.
Participación en numerosas xornadas e cursos sobre coeducación e igualdade en calidade de asistente e relator. Colaboración co CAFI, CFRs e a Secreretaría de Igualdade na formación de profesorado para o traballo en igualdade nos centros, en especial nos obradoiros separados por sexos.
Coautor do libro de texto Filosofía 1º de Bacharelato de Eitorial Galaxia.
Artigo en Aulas Libres (Revista de pensamento, información e debate do STEG) Nº 10 pax: 9,10 e 11 ISSN: 2340-8618 Título: Novas masculinidades.
Artigo na REVISTA COMMUNIARS JOURNAL#2 aloxada no sitio web da Universidade de Sevilla: institucional.us.es. Título: Tenemos derecho. Una experiencia educativa intercentros sobre la necesidad de aprender a valorar o valioso.
Artigo na Revista Galega de Educación de Nova Escola Galega co título: Ser home na escola: un proxecto para os homes de secundaria. Número 77. Xuño de 2020.
Artigo na REVISTA en GRIAL: A coeducación na escola: unha cuestión de homes. Número 232. 2021
Artigo na revista da Consellaría de Educación EDUGA. Revista galega do ensino co título: A masculinidade: mediación, inclusión e resolución de conflitos (pendente de publicación).
Chis Oliveira
Mercedes Oliveira Malvar. É catedrática de Filosofía e doutórase no 97 cunha tese en educación afectivo-sexual. Foi tamén profesora en diferentes Mestrados de Xénero (das universidades de Vigo, A Coruña e Córdoba).
Foi presidenta da ONG de Dereitos Sexuais Federación de Planificación Familiar de España (1998-2003).
É membra fundadora de Enxergo e Nexos de Didáctica da Filosofía, (grupo de referencia en Galicia na elaboración de libros de texto, materíais curriculares e na formación do profesorado).
Hai 10 anos montou o Comando Igualdade, grupo de máis de 100 estudantes de Instituto e universidade que levan a cabo intervencións en espazos educativos e sociais para promover relacións igualitarias.
Premios.-Educación y Sociedad, Premio Irene, Viguesa Distinguida, “Madre de la Coeducación” CLAVICO 2020, o de Mulleres en Acción e o Premio Ernestina Otero.
Libros publicados.- É autora dunha trintena de libros entre os que destacan: “Ám@me” (Galaxia) e “Amarte. Pensar el amor en el siglo XXI” (La Catarata).
Nnumerosos artigos en revistas especializadas, libros de texto e materiais didácticos de Filosofía, Ética, Antropoloxía e Cidadanía. O último, xunto con Priscila Retamozo : “Comando Igualdade. A Mocidade facendo a revolución feminista nas aulas”.