Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Coidando a democracia

23 Novembro 2023 / 19:30 21:00

O Ateneo Atlántico ten o pracer de presentar a Manuela Carmena que vai conversar con nós sobre ‘coidar a democracia’. O acto terá lugar o xoves 23 de novembro, ás 19.30 horas, no auditorio da sede de Zona Franca (rúa Oporto 3). Carmena estará acompañada por Teresa Conde-Pumpido e Luísa Abad, Presidenta do Ateneo, que actuará como presentadora.
A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

2023-11-23 Manuela Carmena

En xaneiro de 2020, e despois de deixar a alcaldía de Madrid, Manuela Carmena creaba o foro ‘Coidar a democracia’, coa idea de ‘contribuír ao debate, a reflexión e á acción política’, prestando especial atención á abordaxe de temas como a ‘xestión pública e a democracia’.
“Estamos lonxe de superar ese cansazo coa política que expresa unha porcentaxe moi significativo da poboación”. “Os partidos de dereita e extrema dereita anunciando permanentemente un ataque sen cuartel” aos gobernos lexitimamente elixidos”. “Coidar a democracia” é, tamén, “gobernar ben e xestionar ben”. “Este escenario -a chegada da extrema dereita ás institucións- ten consecuencias desastrosas para o conxunto da nosa sociedade pero sobre todo para as personas e familias máis vulnerables, que son quen máis necesitan as políticas públicas. Por isto, defender a este goberno non é só responsabilidade das xentes de ezquerdas senón de cualquera demócrata”. “Para logralo -un goberno de esquerdas na cidade de Madrid- debemos ofrecer un horizonte de progreso creíble e desexable”.

Manuela Carmena Castrillo

Madrid, 1944, é unha xurista española e xuíza emérita do Tribunal Supremo; foi alcaldesa de Madrid de entre 2015 e 2019.
Comenzou os seus estudos de derito na Universidade de Madrid pero, expedientada polas súas actividades en movementos estudiantís democráticos, houbo de trasladarse a Valencia onde, na súa Universidade, obtuvo finalmente o título de licenciatura en 1965.
Como avogada, e canda outros militantes comunistas, participou na fundación do despacho laboralista do número 55 da rúa Atocha, en Madrid.
Foi vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial a proposta de Esquerda Unida e unha das fundadoras da asociación progresista Jueces para la Democracia.
Entre outras distincións, en 1986 recibiu o Premio nacional dos Dereitos Humanos, a Gran Cruz da Orden de San Raimundo de Peñafort (2002), a Gran Cruz da Orden El Sol de Perú (2015) ou a Gran Cruz da Orden do Mérito de Portugal (2018).
Loitadora incansable polos dereitos humanos, pola igualdade social e pola democracia, participou en numerosos actos, foros de debate, programas de televisión etc.
Ten publicados diversos libros con títulos como Crónica de un desorden: Notas para reinventar la Justicia. Madrid, Alianza Editorial, 1997. Por qué las cosas pueden ser diferentes: Reflexiones de una jueza. Madrid, Clave Intelectual, 2014. A los que vienen. Madrid, Aguilar, 2019, ou Cuentos para soñar un mundo mejor. Madrid, Península, 2021.

María Teresa Conde-Pumpido

Pontevedra, 1951. Avogada, xuíza e maxistrada, foi presidenta do Consello Consultivo de Galicia entre 2008 y 2014 e partir de 2005 ocupou praza de especialista na Sala do Social do TSX de Galicia.
Exerceu como abogada en Vigo e Pontevedra entre 1977 e 1993 e neste período pertenceu á Confederación de Avogados novos.
En 1994 accedeu á Xudicatura e ingresou en Xuíces para a Democracia. Como xuíza foi titular sucesivamente en Santa Cruz de Tenerife, Pontevedra e Vigo.
Especializada en xurisprudencia social e familiar publicou o libro Traballo e familia na xurisdición social: conciliación da vida familiar e laboral e protección contra a violencia de xénero (Consello Xeral do Poder Xudicial, Madrid, 2007).

Sede Zona Franca

Areal 46
Vigo, Galicia 36201 Spain