• Club de Lectura. Xaneiro

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    Co gallo do centenario do nacemento de José Saramago, o Premio Nobel portugués, o club de lectura do Ateneo Atlántico que renderlle a súa particular homenaxe coa lectura do seu libro Todos os nomes.

  • cinemAteneo. Os verdes anos

    Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

    Comezamos o ano cinematográfico do cinemAteneo cun clásico do cinema portugués, “Os verdes anos”; para este primeiro acto do ano contaremos coa presenza de Avelina Rodriguez Gil, crítica de cine, que nos axudará a comentar esta obra máxica. Será o mércores 8 de febreiro, ás 19.30 horas, nos Multicines Norte.

  • Presentación libro: Daniel Soutullo

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    O Ateneo Atlántico presenta o librode Daniel SoutulloVisións de Darwin, Vida e pensamento do fundador da teoría da evolución. O acto terá lugar o xoves 9 de febreiro, ás 19.30 horas na biblioteca da EMAO. O autor estará acompañado polo noso asesor literario Xabier Paz.

  • Saída a Guimarães

    A primeira saída do Ateneo deste novo ano é para visitar Guimarães, O berce de Portugal, cuxo centro histórico está declarado Patrimonio Cultural da Humanidade. Será o día 11 de febreiro e o prezo estará nos 50 euros para asociados e 60 para non asociados. Inscricións en ateneoatlantico.gal

    €50 - €60
  • Ciclo Novas masculinidades, Un

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    Con motivo do 8 de marzo, e baixo o título xenérico A igualdade, é cousa de homes?, o Ateneo Atlántico presenta un ciclo de conversas para reflexionar arredor do que debe ser a masculinidade do século XXI.

  • Unha película con, Manolo Romón

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    O vindeiro martes 28 de febreiro temos unha nova cita co cine. Dentro do modelo que temos chamado Unha película con, invitamos ao actor e escritor Manolo Romón para que comparta con nós o seu cine favorito. A película que veremos, proposta por Manolo, é A pirámide humana, de Jean Rouch.

  • Club de lectura. Febreiro

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    O libro seleccionado polo club de lectura do Ateneo Atlántico durante o mes de febreiro é o Premio Xerais de Narrativa do ano 2021: Os seres queridos, de Berta Dávila

  • Do mito do crecemento ao decrecemento. 1

    Facultade de Comercio Rúa do Conde de Torrecedeira, 105, Vigo, Galicia, Spain

    Primeiro acto do ciclo Do mito do crecemento ao decrecemento, co título Que é o Decrecemento e por que é necesario. Martes 7 de marzo de 2023, 19 horas, Salón de actos da Facultade de Comercio de Vigo.