- Este evento pasou.
Club de Lectura. Xaneiro
1 Febreiro 2023 / 18:30 – 20:30

Todos os Nomes
José Saramago
Co gallo do centenario do nacemento de José Saramago, o Premio Nobel portugués, o club de lectura do Ateneo Atlántico que renderlle a súa particular homenaxe coa lectura do seu libro Todos os nomes.
Publicado en 1997, o libro presenta como protagonista a José, un home de mediana idade, funcionario inferior do Arquivo do Rexisto Civil. Este funcionario cultiva a pequena teima de colecionar noticias de xornais e revistas sobre xente famosa. Un dia recoñece a falta, nas súas coleccións, de informacións exactas sobre o nacemento (data, lugar, nome dos pais, etc.) desas persoas. A partir dese momento dedícase a copiar os respectivos datos das fichas que se encontran no arquivo. Casualmente, a ficha dunha persoa común (unha muller) mistúrase con outras que está copiando. O súbito contraste entre o que é coñecido e o que é descoñecido fai xurdir nel a necessidade de coñecer a vida desa muller. Comeza así unha busca, a procura do outro. (Texto traducido da capa da edición de Porto Editora escrito por Miguel Gonçalves Mendes).
O propio Saramago escribiu “pódese dicir, superficialmente, que é unha novela sobre a morte e os mortos, e na que hai ata un cemiterio enorme, disparatado. Mas non, non é así, é unha obra sobre a vida”.