- This event has passed.
Unha película con, Manolo Romón
28 Febreiro 2023 / 19:30 – 21:30
O vindeiro martes 28 de febreiro temos unha nova cita co cine. Dentro do modelo que temos chamado Unha película con, invitamos ao actor e escritor Manolo Romón para que comparta con nós o seu cine favorito. A película que veremos, proposta por Manolo, é A pirámide humana, de Jean Rouch.
Unha película con, Manolo Romón
La pyramide humaine, de Jean Rouch
A chegada dunha nova alumna, Nadine, é o punto de partida dunha análise das relacións interraciais nun Liceo de Abidján, en Costa de Marfil.
Reunidos por Jean Rouch, os alumnos interpretan ao seu propio personaxe nunha “ficción” que se desenvolve a través das novas relacións entre brancos e negros, escenificando os lazos de amizade e as relacións sentimentales. (Filmaffinity).
Manolo Romón
Manuel María Romón Alonso, Manolo Romón, naceu en Vigo en 1956. É actor, presentador e escritor en lingua galega.
Conduciu o espazo literario Libro aberto na TVG e participou como actor, desde 2005 ao 2013, na teleserie da mesma canle Libro de familia, onde interpretou o papel de Don Venancio.
Na súa traxectoria profesional televisiva destacan as súas colaboracións no Xabarín Club ou no programa concurso Todos a bordo, entre outros proxectos. Como actor participou, tamén, na serie Fíos.
Foi membro do Grupo Rompente (con Antón Reixa, Alberto Avendaño e Alfonso Pexegueiro), co que participou na escritura dos libros colectivos Silabario da turbina (1978), A dama que fala (1983) e Upalás (1998).
Tamén tocou a tecla da colaboración musical subindo ao escenario en diversas ocasións con Julián Hernández e Siniestro Total.
Algunhas das súas obras poéticas son Galletas kokoschka non, (1979, Rompente), Miniaturas, (1987, Correo Bereber, Vigo), ou Poesía barata, (2006, Deputación de Pontevedra).
A película: A pirámide humana
- Título orixinal: La pyramide humaine
- Ano: 1961
- Duración: 90 min
- País: Costa de Marfil
- Dirección: Jean Rouch
- Guión: Jean Rouch
- Fotografía: Louis Miaille
- Coproducción Costa de Marfil-Francia; Les Films de la Pléiade
- Xénero Documental | África. Racismo
O Director
Nado en París en 1917, Jean Rouch dedicou a súa vida á etnoloxía e ao cinema. Rendido á beleza de “Nanook of the North” desde a infancia, iniciouse no sétimo arte en 1947. O seu tema predilecto foi a África tradicional, codificada no seus ritos e mitos seculares, mais non deixou de retratar a África descolonizada herdeira do modelo cultural occidental.
Considerado o pai do cinéma vérité, Rouch non fixo distinción entre cine documental e de ficción, viaxaba sempre coa cámara na má e cun equipo mínimo de rodaxe; tiña por principio ser sempre o operador das súas películas, o take one ou toma única por plano e rodar seguindo a orde da historia.
As máis de cen películas que rodou conforman un fondo fílmico excepcional sobre a realidade e a cultura africana. Isto levouno a ser coñecido como o griot branco. Ao longo da súa vida dirixiu diversas institucións, entre as que se atopan o Centro Nacional para a Investigación Científica Francesa e a Cinemateca Francesa.