Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Saída a Guimarães

11 Febreiro 2023 / 09:00 21:30

A primeira saída do Ateneo deste novo ano é para visitar Guimarães, O berce de Portugal, cuxo centro histórico está declarado Patrimonio Cultural da Humanidade.
Sendo aínda parte do reino de Galiza, en 1095, Henrique de Borgoña (casado coa princesa Tareixa, filla do rei Afonso VI) estableceu en Guimarães o 2º Condado de Portugal.
O seu fillo, Afonso Henríques, nacido xa en Guimarães, proclamou nesta cidade a independencia de Portugal do reino de Galiza-León. Despois da súa vitoria na batalla de São Mamede, e despois da proclamación de independencia, proclamouse a si mesmo primeiro rei de Poertugal (1139).

O prazo para a inscrición estará aberto desde o día 20 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

2023-02-11 Saida a Guimaraes

O centro histórico de Guimães é un dos máis fermosos da península.
Declarado patrimonio da humanidade, a súa recuparaciónn e rehabilitación é unha das obras máis salientables do arquitecto Fernando Távora (Porto, 1923 – Matosinhos, 2005).

Programa da saída
  • Ás 9 horas saída desde o Antiguo Reitorado rúa Areal.
  • (A partir de aquí detalles en hora portuguesa).
  •  9.30 Chegada a Guimarães  onde nos espera a guía local para unha visita guiada pola cidade.
  • 11.00 tempo libre para acceder a calquera dos espazos históricos  que recomendaremos.
  • 12.30 Visita á Adega “Valle dos tres irmaos” con proba de viño branco ou rose e petisco.
  • 14.00 Xantar no restaurante papa boa. Menú selecto acordado.
  • 17.00 Visita guiada á Citania  e museu arqueolóxico de Briteiros 
  • 18.30 Regreso a Vigo
  • Chegada aproximada a Vigo, 21.30 hora nosa.
Comida

A comida será no restaurante Histórico by Papaboa, un dos máis clásicos e recoñecidos de Guimarães.
O prezo da comida, xa incluído no prezo total da saída, é de 30 euros por persoa.
O menú será o seguinte:

  • Pan, olivas e paté.
  • Entrantes: Alheira con grelos, Gambas ao allo e Pataniscas de bacallau.
  • Prato principal, a elixir entre
    • Folhado de bacallau con gambas e legumes,
    • Miminhos de vitela no forno con grelos.
  • Trouxa ao Histórico con xeado e froitos vermellos
  • Augas, viños e cafés.
Prezos e inscrición
  • O prezo será de 50 euros para persoas asociadas e 60 para non asociados.
  • O prazo de inscrición irá dende o 20 de xaneiro ata o 6 de febreiro.
  • A inscrición realizarase a través do formulario nesta mesma páxina web.
  • A inscrición non será efectiva ata que se realice o pagamento.
  • O pago, por transferencia, deberá realizarse dentro das 48 horas seguintes á inscrición a través deste formulario.
    A transferencia será á conta do Ateneo Atlántico:
    (IBAN: ES96 2080 5000 6430 4035 5222)
    indicando como asunto “Saída a Guimaraes” e o nome e apelido da persoa que figura neste formulario como solicitante.