Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Ciclo Novas masculinidades, Un

16 Febreiro 2023 / 19:30 21:00

Que significa ser ‘home’ na sociedade de 2023?
O home ten que ser forte en calquera circunstancia, un home debe amosarse sempre seguro de si mesmo, o home ten que ser valente, decidido, exitoso, líder, un home debe agochar os seus sentimientos…
Ou non?
Con motivo do 8 de marzo, e baixo o título xenérico A igualdade, é cousa de homes?, o Ateneo Atlántico presenta un ciclo de conversas para reflexionar arredor do que debe ser a masculinidade do século XXI.

2023-02-16 NovasMasculinidades1
Ciclo Novas masculinidades
1. A máscara da masculinidade
Conversan Xosé Cabido e Luísa Abad

O constructo da idea de “muller” e da idea de “home” é cultural.
Historicamente a cultura, como a propia sociedade, foi construída por homes.
Todo comezou cando o ser humano deixa atrás o neanderthalensis para evolucionar cara ao homo sapiens (que non humanus sapiens).
O homo sapiens primitivo era iso, ‘homo’ e, aínda que ‘sapens’, moi primitivo; ía pouco, moi pouquiño máis alá do instinto de supervivencia; e a supervivencia era cuestión do máis forte; e o máis forte era o home.
E a forza transformouse en poder.
A partir de aí, con esa base e aos poucos, o home foi engadindo cualificativos que reforzasen a súa propia forza e o poder sobre a natureza (incluída a muller). Forza e valentía van collidas da man, exteriorizar sentimentos é sinal de debilidade, a forza maniféstase en forma de seguridade e afouteza, etc.
Resulta (…….) que 315.023 anos despois da aparición dese primeiro homo sapiens o concepto de ‘homo’ de hombre, de masculinadade, apenas teña cambiado; e substituíde os puntos suspensivos polo que mellor vos pareza: (resulta) triste, absurdo, antinatura, demencial, rancio, sorprendente, ilóxico, decimonónico, chiante,
Tamén haberá quen poña no lugar dos puntos suspensivos crenzas como que a ausencia de cambio despois de 315.023 anos resulta normal, gratificante ou mesmo providencial.
Estes, apostaría a que son homes.
Os conceptos de home e muller son, pois, unha construción de homes.
E mentres os homes non deconstruamos as imaxes que temos na cabeza, pouca marxe hai para unha auténtica igualdade.
Os homes. Masculino singular primeiro, e, a continuación, masculino da segunda persoa do plural: nosoutros, os homes.

Nesta primeira proposta do ciclo, e a raíz da exitosa serie Machos Alfa, Pepe Cabido e Luísa Abad conversarán sobre a masculinidade exemónica e reflexionarán arredor da idea de que esa masculinidade poida quedar nunha simple máscara cara ao exterior.

Xosé Cabido Pérez

Licenciado en Filosofía pola USC. Profesor de filosofía desde 1992, actualmente no IES Antón Fraguas de Compostela. Recoñecemento por parte da Consellería de Educación para impartir Igualdade.
Profesor titor do curso Formación Inicial en igualdade dirixido aos novos e novas docentes desde o
ano académico 2018-19.
Membro do SN do sindicato STEG, do que foi responsable da Secretaria de Acción Política desde o ano 2006 ate o ano 2011. Organización especialmente recoñecida polo traballo coeducativo e por unha acción política feminista.
Membro do equipo de igualdade do IES Fontexería de Muros desde o 2014-15 e agora do IES Antón Fraguas de Compostela desde o curso 2020-2021. Participa nos proxectos Donas de si e 365 en igualdade desde o curso 2014-15 ata a súa refundición no Iguala-T.
Realización co alumnado de 3º da ESO e de 4º da ESO do IES Fontexería de Obradoiros de novas Masculinidades no centro desde o curso 15-16. Realización co alumnado de 1º Bach. do IES Fontexería dun Obradoiro de novas Masculinidades en Guimarães desde o curso 16-17. Realización de obradoiros dirixidos a homes en numerosos centros de Galiza.
Como membro do equipo de igualdade do IES Fontexería de Muros recibiu o III Premio Concepción Arenal 2016: “Proxectos educativos en Educación secundaria” que titularon Nós tamén Navegar. Premio de innovación educativa do Plan LIA de bibliotecas escolares da Consellaría de educación na modalidade intercentros de traballos por proxectos: un proxecto de filosofía desde secundaria para infantil e primaria: “Atrevéndonos a valorar o valioso”. Curso 16-17. Premio Educacompostela (segundo) por material educativo innovador: Proxecto intercentros de mitoloxía para crianzas. Proxecto de filosofía con alumnado de secundaria, primaria e infantil. Curso 15-16. Coordinador de varios grupos de traballo no IES Fontexería entre os que gosta destacar do GT “Traballo por proxectos dende a Biblioteca” vencellado o pensamento crítico e á filosofía.
Participación en numerosas xornadas e cursos sobre coeducación e igualdade en calidade de asistente e relator. Colaboración co CAFI, CFRs e a Secreretaría de Igualdade na formación de profesorado para o traballo en igualdade nos centros, en especial nos obradoiros separados por sexos.
Coautor do libro de texto Filosofía 1º de Bacharelato de Eitorial Galaxia.
Artigo en Aulas Libres (Revista de pensamento, información e debate do STEG) Nº 10 pax: 9,10 e 11 ISSN: 2340-8618 Título: Novas masculinidades.
Artigo na REVISTA COMMUNIARS JOURNAL#2 aloxada no sitio web da Universidade de Sevilla: institucional.us.es. Título: Tenemos derecho. Una experiencia educativa intercentros sobre la necesidad de aprender a valorar o valioso.
Artigo na Revista Galega de Educación de Nova Escola Galega co título: Ser home na escola: un proxecto para os homes de secundaria. Número 77. Xuño de 2020.
Artigo na REVISTA en GRIAL: A coeducación na escola: unha cuestión de homes. Número 232. 2021
Artigo na revista da Consellaría de Educación EDUGA. Revista galega do ensino co título: A masculinidade: mediación, inclusión e resolución de conflitos (pendente de publicación).

Luísa Abad Abad

A Coruña, 1951.
Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Barcelona.
Mestra, asesora de educación infantil, divulgadora didáctica, especializada en coeducación, orientadora escolar e escritora.
Participou no Consello de Redacción de IN-Fancia, educar de 0 a 6 anos (revista da Asociación Rosa Sensat) durante 10 anos. O seu traballo Alertando da violencia de xénero mereceu o premio á innovación educativa (Consellería de Educación, 2004).
Colaboradora en diversas publicación no eido da educación (Revista Galega de Pedagoxía, Cuadernos de Pedagogía, Guix d’infantil ) e da igualdade (Festa da palabra silenciada).
Como poeta escribiu O punto de maduración, A Coruña 2015 (edición agasallo) e Limaduras de prata, A Coruña, 2017 (autoedición a favor da ACEC), conxunto de poemas que relatan as percepcións e sentimentos que experimentou durante o tratamento do seu linfoma.
Entre as obras podemos mencionar Manual para coeducar na Educación Infantil (Ed. Xerais, 2008), ou a obra colectiva Género y Educación. La escuela coeducativa, (Ed Graó.2002).

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map