Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Club de lectura. Febreiro

1 Marzo 2023 / 18:30 20:30

2023-03 Club Lectura Berta Dávila
Os seres queridos
Berta Dávila
Premio Xerais 2021

O libro seleccionado polo club de lectura do Ateneo Atlántico para ler durante o mes de febreiro é o Premio Xerais de Narrativa do ano 2021.
Tratase de Os seres queridos, de Berta Dávila, un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal, unha historia que afonda nas arestas controvertidas da maternidade e confronta o relato edulcorado. Pero, por enriba de todo, a autora constrúe unha novela sobre os vínculos que nos atrapan e nos sosteñen, sobre se iso que somos é tamén o que queremos ser (da ficha do libro en Ed. Xerais).

Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos, a narradora fálanos da familia e da parella, dos lazos que non se escollen, pero tamén do loito, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome. (Da ficha do libro na Editorial)

Espazo Ateneo

Doutor Cadaval 17
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
696 856 947
Ver a Páxina Web do Recinto