- This event has passed.
cinemAteneo. Os verdes anos
8 Febreiro 2023 / 19:30 – 21:00
Comezamos o ano cinematográfico do cinemAteneo cun clásico do cinema portugués, “Os verdes anos”; para este primeiro acto do ano contaremos coa presenza de Avelina Rodriguez Gil, crítica de cine, que nos axudará a comentar esta obra máxica. Será o mércores 8 de febreiro, ás 19.30 horas, nos Multicines Norte.
Os verdes anos
Paulo Rocha
Presenta, Avelina Rodríguez Gil
“Os verdes anos” é a ópera prima de Paulo Rocha, punta de lanza do novo cinema luso, e inédita en
España ata o de agora, malia ser estreada en 1963.
Describe a borrosa e extraña fronteira existente entre os suburbios case rurais de Lisboa e o final dun campo invadido día a día polos bloques de pisos.
Paulo Rocha (1935-2012) naceu en Porto e é unha figura eminente do cinema luso e un autor de gran influencia en cineastas portugueses contemporáneos como Pedro Costa, João Pedro Rodrigues, Miguel Gomes o João Salaviza.
A pesar das dificultades de acceso ao seu traballo, Rocha é recoñecido nos circuítos cinéfilos e críticos
internacionais como autor dunha complexa reflexión sobre Portugal, as súas raíces culturais e matrices identitarias.
Neste ENLACE podedes ler o artigo que Avelina R.Gil dedica á película de Paulo Rocha no último Faro da Cultura, calificándoa como unha inesquecíbel experiencia visual e auditiva.
Ficha, Os verdes anos
- Título orixinal: Os verdes anosa
- Ano: 1963
- Duración: 91 min
- País: Portugal
- Dirección: Paulo Rocha
- Guión: Nuno Bragança,Paulo Rocha
- Música: Carlos Paredes
- Fotografía: Luc Mirot (B&W)
- Reparto: Rui Gomes,Isabel Ruth,Ruy Furtado,Paulo Renato,Óscar Acúrcio,Ruy Castelar,Alberto Ghira,Cândida Lacerda,Carlos José Teixeira,Rosa María Vázquez
- Produción: Cunha Telles
- Sinopse: un zapateiro de Lisboa ensina o oficio ao seu sobriño de 18 anos mentres este namórase dunha moza á que propón matrimonio. (Filmaffinity)
Avelina R. Gil
Os seus inicios como crítica de cinema comezan en 1999 na revista V.O., dirixida por Francisco Rebollo. En 2006 pasa a colaborar na publicación especializada Banda Aparte/Formas de ver, de Valencia.
Dous anos despois, no Festival Internacional Documenta de Madrid, participa na elaboración do libro Elegías íntimas/Instantáneas de cineastas.
Nese mesmo ano Universal Pictures España encárgalle a escrita de dous libros para a súa edición de coleccionista: O golpe, de George Roy Hill, e Shakespeare in Love de John Madden.
No ano 2012 elabora o vídeo Fourth Filal para o concerto de Implicadas no desenvolvemento levado a cabo polo TAC na Cidade da Cultura.
En 2018 forma parte do xurado de cinema e artes audiovisuais nos XLI Premios da crítica de Galicia.
En 2019 a Xunta de Galicia encoméndalle a redacción dos textos para a exposición Recreando personaxes da literatura e da historia audiovisual da Cidade da Cultura.
Desde o ano 2013 colabora mensualmente no Faro da Cultura como crítica de cinema.
Precisamente, no último Faro da Cultura Avelina escribe o artigo Paulo Rocha. Non apto para indolentes e lurkers. O artigo céntrase na opera prima de Paulo Rocha, Os verdes anos, película programada polo Ateneo para este o 8 de febreiro, e que define como unha inesquecíbel experiencia visual e auditiva.
Neste ENLACE podedes ler o artigo completo.