Visita guiada. Ruth Lodeiro

apo'strophe Praza Francisco Fernández del Riego, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico e a Asociación Amiga do Marco organizan unha visita guiada á exposición Fogar, o meu fogar, da escultora Cuqui Piñeiro. A actividade, guiada pola propia artista, terá lugar o mércores 21 de xuño, ás 19 horas, na sala Apos'trophe de Vigo.

Saída de outono

Para inaugurar o novo curso cultural do Ateneo, temos argallada a nosa habitual saída de outono.
Nesta ocasión, e recollendo as demandas da nosa afiliación, decidimos pasar dous días na contorna do Porto. Para isto eliximos os días 14 (sábado) e 15 de outubro.

Visita guiada á exposición Vigo no tempo

Sede A Fundación Vigo Policarpo Sanz 24-26, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico, en colaboración con Afundación, organizadora da exposición, propón unha visita guiada a Vigo no tempo. Terá lugar o xoves 14 de decembro, a partir das 18 horas, no local da exposición (Sede A Fundación, Policarpo Sanz 24. A visita será con solicitude e confirmación previas a través do enderezo electrónico actividades@ateneoatlantico.gal

Saída: Baixo Miño Galego-Portugués

O Ateneo Atlántico organiza unha saída para o sábado 29 de febreiro. Percorreremos o Baixo Miño galego-portugués con paradas no taller de Cuqui Piñeiro, na adega Terras Gaudas e en varios lugares para coñecer a arte e a historia das fortalezas en ambos lados da fronteira. A comida será en Tui.

Saída á comarca do Deza

Románico, Minería e Arquitectura no Deza. Saída o sábado 20 de abril para percorrer a comarca do Deza con visita ás igrexas románicas de Ansemil e Breixa, a Carboeiro, e ao poboado mineiro de Fontao, co seu museo da minería. A comida será en Vila de Cruces.

Saída pola Ribeira Sacra

Sede Zona Franca Areal 46, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico pecha a tempada de saídas cunha visita á Ribeira Sacra. Será o sábado 15 de xuño e programa inclúe un percorrido da man das amigas de Máis que Románico, cata e pinchos na adega Cruceiro de Vilachá, comida en restaurante típico e visita a olería Retoral de Gundivós.

Saída polo Ribeiro

O vindeiro sábado 26 de outubro inauguramos as saídas deste curso 2024-25. Faremos un percorrido polo Ribeiro visitando o Castro de San Cibrao e a adega Cuñas Davia; despois da comida tradicional remataremos o día cunha visita ao Pazo de Trasalba.

A profundidade esencial da terra

Marco Rúa do Príncipe, 54, Vigo, Galicia, Spain

Con motivo do centenario do Surrealismo, o Ateneo Atlántico organiza unha visita guiada á exposición "A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta", da man do comisario da exposición, Xosé Carlos L. Bernárdez. Será no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), ás 18.30 horas do xoves 7 de novembro.