Saída a Guimarães

A primeira saída do Ateneo deste novo ano é para visitar Guimarães, O berce de Portugal, cuxo centro histórico está declarado Patrimonio Cultural da Humanidade. Será o día 11 de febreiro e o prezo estará nos 50 euros para asociados e 60 para non asociados. Inscricións en ateneoatlantico.gal

€50 – €60

Roteiro Entre esculturas

O Ateneo Atlántico, cona fundación Xoán Piñeiro e o Instituto de Estudos Vigueses organiza o primeiro roteiro dun ciclo de saídas para coñecer a esculura pública da cidade de Vigo. O xoves 25 de maio será arredor da praza de América. Inscrición previa.

Saída de primavera. Rosalía

O Ateneo Atlántico organiza a súa saída de primavera, nesta ocasión, Polos camiños de Rosalía. Terá lugar o sábado 27 de maio, entre as 9 e as 21 horas. O prezo será de 50€ para as persoas asociadas e de 60€ para os que non socios. A solicitude de participación haberá que realizala mandando un correo a actividades@ateneoatlantico.gal