2024-05-25 ConvocatoriaExeria2024

Sendo as 19.00 horas do día 6 de xuño de 2024 reúnese o xurado do 4º premio Exeria formado por:

  • Inma López Silva, presidenta.
  • Xulio Abalde García, polo Ateneo Atlántico.
  • Helena Pousa Ortega, (telemáticamente) pola Fundación Xoán Piñeiro.
  • Lois Alcaide Dans (telemáticamente) gañador da 3ª edición do certame Exeria de relato curto.
  • Pablo Nogueira Campo , (telemáticamente) finalista da 3ª edición do certame Exeria de relato curto.
  • Fernando Fernández González, Secretario, con voz e sen voto.

Unha vez realizadas as pertinentes deliberacións, e por maioría, o xurado decide outorgar o primeiro premio do 4º Certame Exeria ao orixinal titulado “Derradeiro alento do boi”, destacando a capacidade do texto para captar, a través dun estilo limpo, áxil e atractivo, a metáfora do paso do tempo na cidade de Vigo, á vez urbe e aldea, unha idea que se acrecenta no final sorpresivo”.

No tocante ao accésit, o orixinal premiado é o titulado “Unha aldea de luz”, salientando a orixinalidade dun relato que emprega o xénero fantástico para ligar o pasado co futuro nunha mensaxe de tribo que non cae en tópicos.

Reclámase a presenza de Ignacio Pérez Méndez que custodia as plicas. Unha vez abertas en presenza do xurado resultan:

  • Gañador do primeiro premio Francisco Javier Fernández Davila
  • Accésit Soledad García Riveiro

Péchase a sesión sendo as 20.00 horas.

O Secretario, Fernando Ferrnández