Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Saída de outono

14 Outubro 2023 / 07:00 15 Outubro 2023 / 21:00

Para inaugurar o novo curso cultural do Ateneo, temos argallada a nosa habitual saída de outono.
Nesta ocasión, e recollendo as demandas da nosa afiliación, decidimos pasar dous días na contorna do río Douro. Para isto eliximos os días 14 (sábado) e 15 de outubro.

Saída Douro

A saída será o sábado 14, ás 7 horas, desde o lugar habitual.
Desprazamento en autobús á Invicta para chegar arredor das 8h (xa en horario de Portugal).
Embarcaremos nos cais do Porto ás 8.30 para iniciar navegación rio arriba.

Paisaxe no Douro

Poderemos gozar das espléndidas paisaxes coas coloridas viñas dispostas en socalcos (Patrimonio da Humanidade), especialmente vistosas neste tempo no que empeza a espertar o outono; pasaremos as barragems de Crestuma e Carrapatelo co seu paricular sistema de esclusas.
O xantar deste primeiro día será abordo do barco da travesía.
Desembarco en Peso de Régua arredor das 14.30 horas, onde nos recollerá o autobús.

Quinta-do-Portal

Desprazamento á Quinta do Portal para realizar un percorrido guiado pola adega e participar dunha cata dos viños da casa. Esta adega ten o valor engadido de que é a única do Douro deseñada polo Pritzer portugués Álvaro Siza.
Regreso ao Porto para instalarnos no céntrico hotel São José (na rúa da Alegría esquina con Fernández Tomás), a só uns metros de rúa de Santa Catarina e do mercado do Bolhão. Cea no hotel.

Porto

No domingo, e despois do almorzo no hotel, aproveitaremos para facer unha visita á Invicta.
Comida no hotel e tempo libre ata coller o autobús para regresar a Vigo con chegada estimada non máis alá das 21 horas.

Procedemento

O prezo da saída é de 225 € para as persoas asociadas e de 260 euros para as que non o están.
O prezo inclúe todo o programa mencionado, o hotel (con cea do primeiro día, almorzo e comida do segundo), o barco coa comida incluída, a visita e a cata na Quinta do Portal, así como o transporte e o seguro de viaxe.
Se o domingo decidimos facer algunha visita con entrada, o prezo será á parte.

O prazo de inscrición vai dende o luns 19 de setembro ao sábado 30 (ou ata que se cubran as prazas).
O primeiro paso será enviar un correo electrónico ao Ateneo:
(actividades@ateneoatlantico.gal)
Neste correo hai que incluír o nome, apelidos, DNI e número de socia da persoa ou persoas (máximo dúas por solicitude) que van viaxar. Estes datos son necesarios para oficializar o seguro de viaxe e serán utilizados exclusivamente para a xestión desta actividade concreta de acordo coa Lei de Protección de datos.
Terán prioridade as persoas asociadas así como os seus acompañantes, dato do que debe quedar constancia na solicitude.
Unha vez recibido a mensaxe, o Ateneo confirmará a preinscrición á volta dun novo correo electrónico que se enviará, a ser posible, no mesmo día.

Unha vez confirmada a participación é cando temos que facer o ingreso na conta:
ES54 0075 8918 4606 0029 0234 (Viajes Airbus)
No concepto do ingreso ou transferencia farase constar ‘Expediente 50638’, o nome completo e o DNI de todas as persoas polas que se fai o ingreso.
A inscrición definitiva non terá efecto ata que se realice o pago.
NON se terán en conta as solicitudes enviadas a ningún correo que non sexa o oficial para este evento.