Deixámosvos o vídeo do acto de entrega de premios da cuarta edición do certame Exeria de relatos curtos convocado polo Ateneo Atlántico e a Fundación Xoán Piñeiro. O acto celebrouse o xoves 13 de xunio na EMAO.

O acto contou coa presenza da nosa presidenta, Luisa Abad e de Helena Pousa en representación da Fundación Xoán Piñeiro.
Fixo pública a decisión do xurado Inma López Silva, presidenta do mesmo e madriña de honra de esta edición do certame.
Toñi Caseiro leu o relato gañador desta edición.

A actuación musical correu a cargo de Uxía.

Segundo acta do xurado, o gañador do primeiro premio foi Francisco Javier Fernández Davila, co seu orixinal O derradeiro alento do boi, e o accésit recaeu en Soledad García Riveiro por Unha aldea de luz.

Deixámosvos co vídeo do acto.