- This event has passed.
Saída pola Ribeira Sacra
15 Xuño / 08:00 – 21:00
O Ateneo Atlántico pecha a tempada de saídas cunha visita á Ribeira Sacra. Será o sábado 15 de xuño e programa inclúe un percorrido da man das amigas de Máis que Románico, cata e pinchos na adega Cruceiro de Vilachá, comida en restaurante típico e visita a olería Retoral de Gundivós.
A partir deste mércores 5 de xuño e ata o mércores 12, ambos incluídos, abrimos o prazo para inscribirse na excursión pola Ribeira Sacra do 15 de xuño.
O procedemento é sinxelo: enviade un correo a actividades@ateneoatlantico.gal ou un whatsapp ao número 635685868 co nome e apelidos da persoa ou persoas que se apuntan e número de socia.
Non é necesario que poñades nada mais.
Puntualmente xa vos contestamos cos datos para ingresar o importe que serán 60 euros para socias e 70 para non socias.
A saída será ás 8 da mañán dende o Sta Irene e ás 8.15 dende o Areal (antiguo rectorado)
Imos visitar coa guía de Mais que Románico a igrexa de Sta Maria de Proendos, S. Vicente de Pinol e S. Sillao de Lobios; todas elas románicas con pinturas góticas e renacentistas restauradas no interior.
Antes de xantar no Restaurante ACantina entre socalcos de viñas que miran ao Sil probaremos os viños e petiscos na adega familiar Cruceiro de Vilachá.
Pola tarde temos concertada unha visita guiada na Olería Retoral de Gundivós para ver os procesos da elaboración tan peculiares desta cerámica.
Regresaremos a Vigo arredor das 21 horas.