Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Saída á comarca do Deza

20 Abril / 09:00 21:00

Románico, Minería e Arquitectura no Deza. Saída o sábado 20 de abril para percorrer a comarca do Deza con visita ás igrexas románicas de Ansemil e Breixa, a Carboeiro, e ao poboado mineiro de Fontao, co seu museo da minería. A comida será en Vila de Cruces.

2024-04-20 Saida ao Deza

Nesta ocasión queremos mergullarnos na arte do románico tan rica nesta zona visitando o Mosteiro de Carboeiro e as igrexas románicas de Ansemil e Santiago de Breixa. Ademais gozaremos dunha riqueza paisaxística única na contorna destes tres templos.

A experiencia tamén vai ser culinaria porque xantaremos no restaurante Ponte Valenciaga en Silleda, expertos en carnes á brasa cuns entrantes propios do interior: empanadas, lacón prensado, embutidos ibéricos…

Pola tarde imos visitar o Museo da Minería do Fontao en Vila de Cruces, onde se recrea a historia da explotación mineira do Wolframio, que logo ía ser embarcado no porto de Vigo cara a Centoeuropa, e tamén da vida que se desenvolveu arredor da riqueza deste material tan prezado polo seu uso na industria armamentístico da segunda guerra mundial.

Saída do Ies Sta Irene ás 8. 30 e da rúa Areal ás 9 , regreso aproximado ás 20 horas.

O custo por persoa, que inclúe autobús, xantar, entradas e visitas con guía e seguro é:
Persoas socias 60 euros e non socias 70 euros.
Unha razón máis para unirnos ao Ateneo.

Inscrición:
Enviando un correo a actividades@ateneoatlantico.gal
Enviando un Whatshapp ao número 635685868