- This event has passed.
Visita guiada. Ruth Lodeiro
21 Xuño 2023 / 19:00 – 20:30
O Ateneo Atlántico e a Asociación Amiga do Marco organizan unha visita guiada á exposición Fogar, o meu fogar, da artista viguesa Ruth Lodeiro. A actividade, guiada pola propia autora, terá lugar o mércores 21 de xuño, ás 19 horas, na sala Apos’trophe de Vigo.
HOGAR, DULCE HOGAR: RENGLONES COMO FINALES
(…)Secretean los lobos en lenta prosodia de un séquito que la vela,
mientras la noche que escucha pare sones
de renglones crípticos que el alba devora,
cuando el alba deja de ser un lugar para la fe(…)
(Escultura-poema da nosa anfitriona, Ruth Lodeiro, en base a unha escultura da exposición da exposición; o poema forma parte da serie completa que presenta no seu blog Materia de Barro)
Hogar, Dulce Hogar componse de seis pezas tituladas Ellas, Dentro/Fuera, Apariencia, Pájaros negros, Entre algodones e Sueños. A instalación amosa o cinismo i egoísmo social, este fogar non existe para ELAS. Son casas doentes, casas que reflicten a dor, a incomunicación, a soidade, a violencia, a tristura, a perda de dignidad, de liberdade e a morte no máis absoluto desamparo.
Pensando en ELAS, porque nas miñas casas viven e morren mulleres: as violadas e maltratadas; as que tiveron o silencio como norma; as que acataron mandatos sociais, paternas e maritais; as que se duplicaron en multitareas sen remuneración; as que apenas pasaron pola historia e xeraron a vida; as que foron abandonadas pola familia e sociedade en residencias; as que se tratou con indignidade; as que soas murreron, sen ser oídas, nin acariciadas, nin amadas e que son alimento do esquecemento.
Texto de Ruth Lodeiro na web mujeresmirandomujeres.com
Ademais, no blog da autora (Materia de barros) podemos topar información ampliada así como os poemas da propia autora escritos en base ás diferentes obras da exposición.
Ruth Lodeiro (Vigo, 1964). Artista galega. Estudou Filoloxía (Salamanca 1990), e, ao mesmo tempo, Deseño de moda (Vigo 1988). Realiza estudos de ampliación en campos tan diversos como a Lingua galega, cerámica ou Español para estranxeiros.
Compila documentación sobre Xosé Lodeiro e concrétaa en diferentes colaboracións periodísticas e no comisariado de exposicións sobre o seu pai.
Expón, por primeira vez, en 2015, unha obra caracterizada pola participación da poesía, a escultura e cosidos e téxtiles desde o seu universo femenino.
En propias palabras, ‘Usando a cerámica, o téxtil e técnicas mixtas, as miñas pezas non son amables pero si hai unha busca de harmonía, estética e beleza. Investigo como ocupan o espacio, como se relacionan e como logran comunicarse co espectador, máis alá do primeiro impacto inicial suscitan o pensamento, a crítica e a revisión de mitos, valores, crenzas…’