Ano: 2024

|

Club de lectura: Estado de malestar

O 6 de Novembro de 2024 vímonos 23 persoas para mergullarnos nunha nova lectura. Desta volta o fixemos ao redor de Estado del malestar de Nina Lykke, na edición de Gatopardo coa satisfactoria tradución de Ana Flecha Marco (valorada, iniciando polo atinado título, que variou de metástase, na edición orixinal, a esta que consideramos con máis carga literaria, semántica e connotativa).

|

Club de lectura. Paul Auster

O día 2 de Outubro de 2024 xuntámonos 17 persoas, no noso local, para abrir o novo curso literario do Club de lectura. Nesta ocasión tivemos o acordo de facelo con dous libros de Paul Auster traducidos, magnificamente, por Eva Almazán ao galego. “Un home na escuridade”, onde asistimos a unha intelixente reflexión sobre o ben e o mal, sobre a propia esencia do xénero humano que xurde da entraña dos personaxes e “Brooklyn follies”, onde Natham, o personaxe principal, descubre que non foi a Brooklyn a morrer, como así semella, ao comenzo do libro, senón a vivir.