Nun acto celebrado na biblioteca da EMAO o primeiro día de outubro, o Ateneo Atlántico nomeou socia de honra á xornalista María Xosé Porteiro en recoñecemento aos seus méritos.

Vídeo do acto

María Xosé Porteiro (Madrid, 1952) recibiu a folla de carballo de prata, símbolo do socio de honra do Ateneo Atlántico (Cabeceira do artigo do Atlántico Diario de 2 de outubro de 2024)

Homenaxe MXPorteiro

“É unha gran sorpresa por vir de onde vén, da miña familia, dous meus queridos”, a xornalista destacou a simboloxía do recoñecemento nesta data. “Coincido coa súa finalidade, a defensa das liberdades, que está no espírito da fundación destas institucións no século XIX, pero o destino quixo que esta homenaxe sexa o día que se cumpren 93 anos da aprobación do voto feminino na Segunda República, é un día para reinvindicar os dereitos públicos que acadamos as mulleres e lembrarnos doutras que non os teñen”.
Cunha banda sonora moi especial para a homenaxeada, “Lágrimas negras”, interpretada polo cantante cubano Raynier Aldan, compartiron as súas vivencias con María Xosé Porteiro, a súa filla, a escritora Llerena Perozo Porteiro; o poeta Alberto Avendaño, que viviu nos Estados Unidos e valorou o seu labor de tender pontes entre ambas as beiras do Atlántico. Manuel Bragado destacou o seu legado literario e Amada Traba, a súa loita feminista. Finalmente, o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, amigo persoal, analizou o seu traballo xornalístico.
“Tras a súa proposta como socia de honra, foi apoiada por unanimidade, algo que nos alegra moito porque moitas veces non vemos o que nos ten máis preto”, dixo Luisa Abad, presidenta do Ateneo Atlántico, do que María Xosé Porteiro é socia e fundadora ademais de participar activamente na comisión de feminismo”.

Neste outro ENLACE podedes ler a reportaxe completa previa ao acto aparecida na edición dixital do Faro de Vigo.

Faro HomenaxeMXPorteiro