Saída con 35 persoas incluíndo a Rebeca Blanco Rotea, a que vai ser a nosa guía polo conxunto defensivo de Vilanova de Cerveira e Goián.

aixo Minho Grupo viaxeiro

Primeira parada no Obradoiro “Arte Bronce” de Cuqui Piñeiro “Arte Bronce”. A amabilidade de Cuqui e a fonda explicación do seu traballo denominado fundición a cera perdida deixounos coa boca aberta, entendemos o que supón crear esculturas deste xeito tan laborioso e como ela di “cada peza é un traballo diferente”.

Saida Baixo Minho Obradoiro Cuqui Piñeiro

Ás 12.30 xa nos agardaban na adega Terras Gauda cun chapeu de agasallo para todos. Dende as viñas ata a cata pasando polos procesos de elaboración, a mellor adega do Rosal nunca decepciona.

Saida Baixo Minho Adega Terras Gauda

Xantamos caldo e lacón con grelos no restaurante Cruceiro do Monte de Tui que nos sentou moi ben porque a tarde prometía chuvias.

aixo Minho Grupo viaxeiro

Rebeca Blanco Rotea é licenciada en Historia da arte, doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco, actualmente é investigadora en Arqueoloxía na Universidade do Minho. A súa tese titúlase: Arquitectura y Paisaje. Fortificaciones de frontera en el sur de Galicia y norte de Portugal.

Saida-Baixo-Minho-05

Con este currículo debaixo do brazo e cun traballo gráfico que nos trouxo preparado,levounos ata o Alto do Cervo de Vilanova e descubriunos todo un conxunto de fortificacións defensivas que doutro xeito non teríamos apreciado: a Atalaia do Espíritu Santo, a mais sorprendente, e Forte de Lovelle, ambas no lado portugués; e o Forte de Nosa señora da Comcepción e o de San Lorenzo en Goián . Aínda que sempre estiveron aí, para moitos de nós foi unha auténtica descuberta.

Saida Baixo Minho 4

Mágoa que o tempo pola tarde foi empeorando e xa tivemos que descartar o último de Goián. Decidimos regresar despois dun café rápido para aliviar tantas humidades.

A xente valorou o conxunto da excursión moi positivamente.