O pasado 26 de outubro fixemos unha fermosa saída pola comarca do Ribeiro. Malia que o tempo non nos acompañou, foi todo un éxito de participación e de organización, unha selección de visitas que pagou moito a pena.

2024-10-26 SaidaRibeiro

No seguinte álbum podedes ver algunhas das imaxes tomadas por moitas das participantes e que recollen o noso paso polo castro de San Cibrao de Las, pola adega Cuñas Dávila, e polo pazo de Trasalba, pazo-museo de Otero Pedrayo.

Saímos de Vigo un total de 50 persoas, 35 socias e 15 non socias nunha mañá sen chuvia que nos foi respectando ao longo do día.
Visitamos en dous grupos con cadansúa guía o centro de interpretación do castro de San Cibrao de Las un dos mais grandes de Galicia e mellor conservados. Percorremos as instalacións atendendo ás explicacións de diversos aspectos da cultura castrexa amosándonos pezas arqueolóxicas deste e doutros castros galegos.

Visita á adega Cuñas Davia

Alberto, o patrón da adega pronunciounos un extenso discurso sobre a orixe e elaboración dos viños do Ribeiro.
Serviron primeiro un vermú de benvida acompañado dunha tapiña de garavanzos que agradecemos pois xa deran as 13 horas. A continuación breve visita ás instalacións e, finalmente a proba dos tres viños, Treixadura, Riberio branco e Ribeiro tinto.

Xantamos no restaurante do Balneario de Laias bufete libre e arrancamos cara o Pazo de Trasalba porque xa nos estaba esperando Andrea, a guía.

Visitamos en dous grupos a Casa museo de Otero Pedrayo seguindo as explicacións desta moza que dun xeito moi ameno e chea de enerxía foinos contando aspectos e anécdotas da vida e da obra de Don Ramón a través das estancias da casa.

Regresamos cansos pero contentos desta xeira. As participantes valoraron moi positivamente a excursión e fixéronse novas socias.