Do Ateneo vigués
Artigo que nos dedicou Fernando Franco na súa sección Mira Vigo do pasado xoves dous de xaneiro.
Artigo que nos dedicou Fernando Franco na súa sección Mira Vigo do pasado xoves dous de xaneiro.
O Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar a súa primeira publicación.
Trátase de facer públicos todos os relatos gañadores do certame Exeria ata o momento.
A edición, non venal, é do propio Ateneo e a nosa intención é darlle a máxima difusión posible.
Deixámosvos o vídeo da charla que deu para nós a arquitecta Teresa Táboas o pasado 3 de decembro. Falou sobre “Cidades inclusivas, Escala urbana e espazo público”.
Aquí deixamos as reflexións que fixemos no Club de Lectura do Ateneo Atlántico na xuntanza para comentar O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa.
Vídeo do acto de presentación do libro Galicia, Un país desnortado e minguante, de Albino Prada, celebrado na EMAO o 12 de novembro de 2024.
Vídeo da participación completa de Anxo Carracedo no Ateneo Atlántico. Cunha asistencia espectacular, o acto tivo lugar na biblioteca da EMAO o 4 de novembro.
O 6 de Novembro de 2024 vímonos 23 persoas para mergullarnos nunha nova lectura. Desta volta o fixemos ao redor de Estado del malestar de Nina Lykke, na edición de Gatopardo coa satisfactoria tradución de Ana Flecha Marco (valorada, iniciando polo atinado título, que variou de metástase, na edición orixinal, a esta que consideramos con máis carga literaria, semántica e connotativa).
O pasado 26 de outubro fixemos unha fermosa saída pola comarca do Ribeiro. Malia que o tempo non nos acompañou, foi todo un éxito de participación e de organización, unha selección de visitas que pagou moito a pena.
Presentamos o vídeo que resume a charla que, arredor da toponimia, presentou para nós Gonzalo Navaza.
Nun acto celebrado na biblioteca da EMAO o primeiro día de outubro, o Ateneo Atlántico nomeou socia de honra á xornalista María Xosé Porteiro en recoñecemento aos seus méritos.