Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Creo que estou namorado

26 Outubro 2023 / 19:30 21:00

No ano do Centenario do Celta, o Ateneo Atlántico quere sumarse aos actos de conmemoración deste fito fundamental na historia do club e, tamén, da cidade de Vigo.
No acto, que terá lugar o xoves 26 de outubro na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2), intervirán Manuel Bragado (editor), Jacobo Buceta (periodista) e Ana Guantes (periodista).
Será de libre asistencia ata completar aforo.

2023-10-26 Centenario do Celta

A primeira frase do himno do centenario creado por C. Tangana resume ás claras os motivos dun sentimento que, como escribía Sabina para o centenario do seu Atlético de Madrid, “non se pode exlicar”.
Creo, “creo” que estou namorado.
Creo. Porque non teño moi claro que é iso de ‘estar namorado’, porque non sei se un ser racional, asisado e progre (enténdanme, progre, apócope de progresista) pode estar namorado dun club de fútbol,
Creo, porque o propio estado de namoramento restulta incompatible con todo tipo de certezas, creo do verbo crer, crer, que ten que ver con crenzas, crenza que é un firme asentimento e conformidade con algunha cousa, pero, tamén, algo que ver con relixión ou secta.
Pois si, creo que estou namorado, do azul celeste, dese azul-ceo da atmosfera de Vigo que se funde ao fondo co verde das illas Cíes, do azul do Atlántico, das ondas do mar de Vigo, do azul da bandeira galega, dos teus ollos azuis, do azul dunha camiseta.
Por moitos anos tiven a crenza infantil de que o de ‘celeste’ viña de Celta e non de ceo.
Pero á fin e ao cabo, hai diferencia?

De todo isto, e moito máis, imos falar con tres invitados de excepción.
O Celta e Vigo…, ou tal vez Vigo e o Celta? O Celta de hoxe sería outro sen a cadena Ser, o Faro, o Atlántico ou a Cope? Celta de Vigo…, ou simplemente Celta?, O Celta, cen anos máis?…

Manolo Bragado

Manuel Bragado Rodríguez é un pedagogo, editor e escritor galego. Foi durante 24 anos o director editorial de Edicións Xerais de Galicia. Autor da columna «Campo do Fragoso», no Faro de Vigo, onde ata o día de hoxe ten publicados 247 artigos nos que reflexiona sobre o mundo do fútbol en xeral, e sobre as andainas do Celta en particular.

Ana Guantes

Ana Guantes Cristóbal é periodista. Ademais doutros proxectos, durante vinte anos traballou na cadena SER en Vigo e logo en Madrid onde chegou a ocupar o cargo de redactora xefa do Hoy por hoy. Durante o seu período en Radio Vigo foi coñecida como ‘A voz do Celta’, polas súas intervencións no Carrusel Deportivo. Nos últimos anos é a Xefa de Prensa da Deputación provincial de Pontevedra.

Jacobo Buceta

Jacobo Buceta é periodista e, en propias palabras, ‘animal radiofónico’. En 1988 comezou a traballar en Radio Vigo, cadena Ser. A partir do ano 2000 convértese no narrador dos partidos do Celta e no correspondente do Carrusel Deportivo en Vigo; desde 2006 presenta o programa Área de Juego en Localia Televisión Vigo; colaborador de outras publicacións deportivas como Terceiro Tempo ou El Periódico del Celta. En 2012 publica con Xerais Fútbol es fútbol no que conta con humor e ironía as causas (e segredos) polos que o fútbol es moito máis que un espectáculo capaz de enganchar a millónes de personas de toda condición.

Casa Galega da Cultura

Praza da Princesa, 2
Vigo, Galiza 36202 Spain
+ Google Map
986 226 459