Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

cinemAteneo. Memorias rotas

23 Outubro 2023 / 19:30 21:00

Na nosa sección de cine (cinemAteneo) o próximo 23 de outubro, luns, veremos e comentaremos o documental Memorias Rotas, de Manane Rodríguez. Será ás 19.30 horas nos Multicines Norte e contaremos coa presenza da directora e a presentación de Emilio Fernández Zunzunegui.

2023-10-23 Cine Memorias Rotas

En el pueblo de Acebo – pueblo de pocos amigos,
donde matan a los hombres – después de tantos martirios.
4 Como ya están enterados – en ese pueblo de Acebo
mataron a dieciséis – y al comandante Moreno.

Así comeza o romance do Comandante Moreno, un exemplo peculiar da riquísima tradición oral propia da idiosincrasia galega, neste caso en forma de cantiga.
Na última semana de outubro de 1937 José Crespo Moreno (comandante do Batallón Galicia) xunto cun grupo de soldados do seu batallón foi asasinado por pistoleiros falanxistas cando fuxían de regreso a Galicia despois de participar na defensa da fronte do Norte e tras a súa caída.
A partir deste feito histórico, conservado en boa medida grazas á tradición popular, Manane Rodríguez (1954) dirixe un documental no que recupera os feitos

A película foi candidata a sete premios Goya na edición de 2011: Mellor película, dirección, guión orixinal, dirección de fotografía, montaxe, son e mellor película documental.

  • Título orixinal: Memorias rotas. A balada do comandante Moreno
  • Ano 2010
  • Dirección: Manane Rodríguez
  • Producción: Xamalú Filmes(Xavier Bermúdez), Televisión de Galicia (Rosa Vilas)
  • Guión: Carmen García Rodeja, Eliseo Fernández, Manane Rodríguez
  • Duración 1 hora e 6 minutos

Multicines Norte

Via Norte 22
Vigo, Pontevedra 36204 Spain
+ Google Map
986 22 75 13
Ver a Páxina Web do Recinto