Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Economía feminista

19 Outubro 2023 / 19:30 21:00

Economía feminista. Sobre epítetos, oxímoron e outros paradoxos. Como pode ser que o enfoque da economía non sexa feminista. Arredor deste título tan atraente conversan Coral del Río e Amada Traba. Será o xoves 19 de outubro, ás 17.30 horas, na Casa Galega da Cultura.

2023-10-19 Economia Feminista
Coral del Río

Coral do río Otero é Catedrática de Universidade no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e doutora en Economía pola Universidade Carlos III de Madrid. O seu traballo aborda o estudo das desigualdades económicas, sendo as súas principais liñas de investigación: a Economía da desigualdade e a pobreza, o estudo das interaccións entre Economía e Xénero, e a análise distributiva do mercado de traballo (desemprego, discriminación salarial e segregación ocupacional, estatuto social por sexo, raza, estado migratorio e orientación sexual). Nestes traballos realizáronse tanto achegas metodolóxicas como estudos empíricos a nivel de Galicia, España, Europa e EE.UU.
Actualmente forma parte do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS e pertence ao Consello Editorial da revista Feminist Economics (asociada á International Association for Feminist Economics, IAFFE). Foi a primeira directora da Área de Igualdade da Universidade de Vigo. En 2016 foi galardoada co ‘IV Premio á Igualdade Ernestina Otero Sestelo’, que outorga o Concello de Vigo.

Amada Traba

Amada Traba Díaz é Lincenciada en Socioloxía e Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid (1981). Dende o ano 1997 é profesora da Universidade de Vigo. Docente de Socioloxía da Educación na Facultade de Ciencias da Educación no Campus de Pontevedra nos graos de Educación Infantil e Primaria.
Leva 30 anos participando en numerosas e diversas actividades de formación en materia de igualdade e xénero: mestrados universitarios da Universidade de Vigo e da Coruña, cursos no CEFORE e na EGAP, elaboración de materiais didácticos e documentación para publicacións, así como participando en conferencias e coloquios dirixidos a todo tipo de público.
Relatora en moitos congresos e cursos en materia de igualdade e xénero organizados por universidades e por todo tipo de institucións públicas ou asociacións. Investigadora en proxectos da Cátedra Feminista da Universidade de Vigo. Coautora da primeira Diagnose da igualdade na Universidade de Vigo e das bases
para o deseño do I plan de Igualdade da Universidade de Vigo. Colaboradora da Concellería da Muller do Concello de Vigo en varias ocasións coordinando a diagnose para o Primeiro Plan de Igualdade das Mulleres de Vigo, e elaborando o deseño e a avaliación do I Plan de Igualdade e, posteriormente, a
avaliación de necesidades e deseño do II Plan. Tamén colaborou co Concello de Redondela realizando a avaliación do I Plan de Igualdade e a diagnose de necesidades e deseño do II plan. Froito dese traballo ten diversas publicacións. A máis recente e coñecida é ám@me. Pensar o amor no século XXI, publicada por Galaxia e traducida para o castelán co título Amarte na Editorial La Catarata. Ensaio en coautoría con Chis Oliveira.

Casa Galega da Cultura

Praza da Princesa, 2
Vigo, Galiza 36202 Spain
+ Google Map
986 226 459