• Festa de outono

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    O Ateneo Atlántico de Vigo prácese en invitar a todas as súas asociadas e asociados, e ao público en xeral, á nosa habitual festa de outono. A xuntanza, que terá lugar o xoves 28 de setembro, ás 19.30 horas, no noso local (rúa Doutor Cadaval 17) ten como obxectivo a presentación do novo curso cultural co adianto e concreción das actividades que xa están pechadas.

  • Club de Lectura. Xina Vega

    O libro elixido polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do verán é Ninguén Dorme, da escritora afincada en Vigo, Xina Vega. A xuntanza terá lugar o mércores 4 de outubro, ás 18.30 horas.

  • cinemAteneo. Urraca, cazador de rojos

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    O cinemAteneo presenta a película documental Urraca, cazador de rojos. Será o luns 8 de outubro, ás 19 horas, no local do Ateneo (Rúa Dr. Cadaval 17). Para a presentación e posterior coloquio, no que tamén nos falará do seu libro, contamos con Loreto Urraca, neta do tristemente protagonista do documental, e con María Torres (Madrid, 1961), escritora, memorialista e neta de Arturo Torres, represaliado polo franquismo. Presenta, por parte do Ateneo, Remedios Copa.

  • Presentación libro: Xabier Paz

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    O Ateneo Atlántico prácese en convidalo á presentación do libro de Xabier Paz O libro e o tapiz (Edicións Xerais). O acto, coa presenza do autor e de Amada Traba e Xulio Abalde terá lugar o martes 10 de outubro, ás 19 horas, na biblioteca da EMAO.

  • Saída de outono

    Para inaugurar o novo curso cultural do Ateneo, temos argallada a nosa habitual saída de outono.
    Nesta ocasión, e recollendo as demandas da nosa afiliación, decidimos pasar dous días na contorna do Porto. Para isto eliximos os días 14 (sábado) e 15 de outubro.

  • Cafés históricos de Vigo

    Café Vitruvia Praza de Compostela 5, Vigo, Galiza, Spain

    O Café Vitruvia, en colaboración co Ateneo Atlántico, organiza a sesión histórico-lúdico-vitícola "Os cafés históricos de Vigo". Fala e dirixe a sesión: Xavier Castro. O acto terá lugar o martes 17 de outubro, ás 20 horas, no café Vitruvia (Praza de Compostela, 5. Vigo). Serviranse viños da Adega Son de Arrieiro (D.O. Ribeiro) e intervirá a adegueira Xulia Bande.

  • Economía feminista

    Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

    Economía feminista. Sobre epítetos, oxímoron e outros paradoxos. Como pode ser que o enfoque da economía non sexa feminista. Arredor deste título tan atraente conversan Coral del Río e Amada Traba. Será o xoves 19 de outubro, ás 17.30 horas, na Casa Galega da Cultura.

  • cinemAteneo. Memorias rotas

    Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

    Na nosa sección de cine (cinemAteneo) o próximo 23 de outubro, luns, veremos e comentaremos o documental Memorias Rotas, de Manane Rodríguez. Será ás 19.30 horas nos Multicines Norte e...