Novo local
Coincidindo coa nova tempada, 2025-26, o Ateneo Atlántico muda a súa residencia habitual; deixamos o local de Dr. Cadaval, onde tan bos ratos pasamos, para trasladarnos á rúa Reconquista número 7.
Coincidindo coa nova tempada, 2025-26, o Ateneo Atlántico muda a súa residencia habitual; deixamos o local de Dr. Cadaval, onde tan bos ratos pasamos, para trasladarnos á rúa Reconquista número 7.
Vídeo do acto conxunto organizado pola Federación de Ateneos de Galicia como homenaxe a Castelao. A homenaxe tivo lugar o pasado 14 de xuño en Rianxo.
A xornada completouse con diferentes actividades de confraternización entre asociadas e asociados dos ateneos galegos.
Video da presentación do libro Sereas Afónicas, de Luísa Abad, presidenta do Ateneo Atlántico de Vigo. O acto celebrouse o 10 de xuño e, ademais de Luisa, participaron Xabier Romero (editorial Elvira), Xina Vega, Amada Traba, e MJ Pérez coas súas cancións.
Hoxe traemos o vídeo do acto de entrega do Certame Exeria de relato Curto 2025 (5ª edición). O gañador foi Marcos López Concepción co seu orixinal 99.98
Vídeo do acto do Ateneo Atlántico, O Padroado de proteción á muller en Vigo. Con Lucio Martínez Pereda e Chis Oliveira, que se celebrou o martes 13 de maio, ás 19.30 horas na Casa Galega da Cultura.
Vídeo da actividade do Ateneo Atlántico “Arqueoloxía dos puticlubs. A pegada da prostitución no noroeste de España”. Con Xurxo Ayán e Carlos Otero Vilariño presentados por María Xosé Porteiro. O acto celebrouse o martes 20 de maio na Casa Galega da Cultura cunha masiva participación de público.
Vídeo da primeira colaboración entre os atenenos pertencentes á Federación de Ateneos de Galicia no marco do ciclo Movendo os marcos, Contra o localismo. Participación en Vigo do Ateneo de Ourense con Bieito Iglesias falando sobre O ouro de Ourense coa presentación de Bieito Ledo. O acto celebrouse o martes 3 de xuño, ás 19.30, na Casa Galega da Cultura.
Asistimos 10 persoas á sesión do Club de Lectura para comentar “A noite das cebolas”, novela de Rosa Aneiros, xornalista e autora de abundante obra para adultos e público infantil e xuvenil. En ambos ámbitos, con premios importantes.
O Ateneo Atlántico de Vigo presenta o seu vídeo anual para conmemorar o Día das letras galegas.
Nesta ocasión a xornada está dedicada ás Cantareiras e Pendeireteiras; o noso vídeo, ademais de lembrar estas figuras imprescindibles para a tradición oral galega, lembra tamén momentos da manifestación en defensa da Lingua Galega celebrada en Compostela o 23 de febreiro.
Literateneo. Sesión do club de lectura, 7 de maio de 2025. Libro: Arraianos de Xosé Luís Méndez Ferrín.