A verdade é a primeira vítima en calquera guerra. En vésperas do
Cume da OTAN que se celebrará en Madrid, o Ateneo Atlántico
programa un encontro informativo e de debate sobre a situación
actual de conflito en Ucraína e para o que contamos con Carlos
Taibo.
RUSIA FRONTE A UCRAÍNA
Imperios, pobos, enerxía
Carlos Taibo
Presenta Remedios Copa
Venres 10 de xuño
19.30 horas
Aula D (Elduayen 36)
Nun momento tan convulso como o que
estamos a vivir coas implicacións da guerra de Ucraína repercutindo
na nosa economía, provocando aumento dos nosos gastos militares,
encarecemento de enerxía e alimentos e ameaza de desabastecemento, á
vez que se alteran as relacións internacionais e provoca cambios
xeoestratéxicos importantes, todo elo aderezado con falta de
información real e unha campaña de mercadotecnia tendenciosa a
favor dos intereses de cada bando (pois xa é ben sabido que a
verdade é a primeira vítima en calquera guerra), fan imprescindible
buscar fontes de información baseada en datos e coñecemento da
historia da rexión que nos permita entender as razóns polas que se
chegou á actual situación.
A cuestión vai máis alá da
chamada invasión de Rusia en Ucraína. Implica á OTAN, con EE UU á
cabeza, pero repercute fundamentalmente na UE e por tanto, como
estamos a ver, no noso país.
A inminencia do Cume da OTAN de
Madrid os días 28 y 29 de xuño animou ao Ateneo Atlántico a
organizar un acto de información e debate sobre o conflito da man de
Carlos Taibo Arias. Será o próximo día 10 de xuño, ás 19:30 h,
en Aula D, rúa Elduayen, 36-1, Vigo.
Esperamos a vosa presenza e
participación activa para que o acto resulte do máximo interese.
Carlos Taibo Arias
Madrid, 12 de
maio de 1956
A súa carreira profesional transita
polas facetas de escritor e politicólogo, editor e profesor xubilado
despois de 30 anos de docencia na Universidade autónoma de Madrid na
que impartiu clases de Ciencia Política e da Administración.
É membro do Consello Editorial de
Sin Permiso desde a súa fundación en 2006.
Ten publicado artigos en diferentes
medios e máus de unha vintena de libros relacionados coa transición
na Europa Central e Oriental contemporánea.
O seu último libro publicado, cuxo
contido é o que xustifica a súa presenza hoxe con nós, leva por
título “Rusia frente a Ucrania. Imperios, pueblos, energía”.
Nin que dicir ten que chega canda nós no momento preciso para axudar
a entender os acontecementos actuais.
A súa traxectoria de publicacións
acredita a cualificación para falar sobre o tema, como o testemuñan
os seus libros e intervencións públicas en diferentes foros.
Carlos Taibo é un firme defensor do
movemento antiglobalización, do decrecemento e da democracia directa
e a autoxestión, así como partidario do anarquismo.
Nos últimos anos os seus intereses
abríronse a materias máis xerais; valan como exemplo algunhas das
súas últimas publicacións: “Cien preguntas sobre el nuevo orden”
(2002), “Hacia dónde nos lleva EE UU” (2004), “No es lo que
nos cuentan”, unha crítica da UE realmente existente (2004),
“Movimientos de resistencia frente a la globalización capitalista”
(2005), ou “Rapiña global” (2006), aos que seguiron outros
títulos e múltiples ensaios sobre diferentes temas, entre os que
non falta un repaso sobre o noso país e o nacemento do 15 M.
Tamén é abundante a súa produción
en lingua galega e en galego-portugués: “O castelo de fogos”,
“Nove ensaios sobre o porvir da Europa do Leste” (1991), “Europa
sen folgos” (1994), “A nova desorde internacional” (1998), “Un
novo Terceiro Mundo?” (1999), “A desintegración de Iugoslávia”
(2000), “Império norteamericano e capitalismo global” (2003), “A
guerra santa, e petroleira, de Bush filho” (2003), “Os movementos
de resisténcia fronte á globalización capitalista” (2005),
“Misérias da globalizaçom capitalista” (2006), “Fendas
abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional” (2008), “Parecia
não pisar o chão. Treze ensaios sobre as vidas de Fernando Pessoa”
(2010) y “Decrescimento, crise, capitalismo” (2010).