Despois da paréntese forzada polas circunstancias, o Ateneo Atlántico retoma as súas saídas culturais. A primeira será o próximo sábado 4 de xuño e o destino o Salnés.
SAÍDA AO SALNÉS
Historia, arte, escultura, enoloxía
Sábado 4 de xuño
Inscrición Previa en:
ENLACE AO FORMULARIO PARA A INSCRICIÓN NA SAÍDA AO SALNÉS
O prazo de solicitude estará aberto dende o venres 27 ás 20 horas ata o xoves 2 ás 10 horas
Prezo: 45€ persoas socias, 50€ persoas non socias
O pago realizarase nas 48 horas seguintes á incrición mediante transferencia a:
ATENEO ATLÁNTICO
IBAN: ES96 2080 5000 6430 4035 5222
Concepto: “Saída ao Salnés” e nome e apelido da persoa que fai a solicitude
Programa
Sábado 4 de xuño de 2022
Saída: ás 9.30 horas dende a rúa Areal (diante do antigo reitorado)
Visita á vila de Cambados con guía oficial:
- Zona histórica
- Vila de san Tomé
- Igrexa-ruínas de santa Mariña Dozo
Visita ao pazo de Fefiñáns
Visita, con proba, a adega de Fefiñáns
Comida no restaurante Ciprés de Villaverde (Barrantes) co seguinte menú:
- Entrantes (empanada, croquetas e tortilla)
- Prato a elixir (no momento da solicitude) entre codillo e raia á galega
- Flan
- Viños albariño e barrantes
- Café
Visita á fundación Manolo Paz (Castrelo-Cambados)
Regreso ao punto de partida con hora de chegada prevista sobre as 20 horas.
O prezo (45€ socias e 50€ non socias) inclúe todos os gastos previstos: autobús, visita ao pazo e adega de Fefiñáns (13€), visita á fundación Manolo Paz (3€), comida (22€).
Para participar na saída será imprescindible a solicitude previa a través do formulario,
ENLACE AO FORMULARIO PARA A INSCRICIÓN NA SAÍDA AO SALNÉS
E o pago dos custos mediante transferencia bancaria á conta do Ateneo Atlántico (IBAN: ES96 2080 5000 6430 4035 5222)
Soamente se admitirán dúas persoas por solicitude.
No caso de haber máis solicitudes que as 50 prazas ofertadas, terán prefencia as persoas socias (con un acompañante) e o criterio de selección será o respecto escrupuloso ao día e hora da solicitude.
Máis información
Páxina de turismo do concello de Cambados
O Pazo de Fefiñáns na Galipedia
MANOLO PAZ
(O seguinte texo é un extracto da biografía da propia Fundación do escultor).
Manolo Paz nace en Castrelo (Cambados) en 1957. Entre 1978 e 1979 estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela e un ano máis tarde traballa como profesor na Escola de Canteiros de Poio (Pontevedra).
En 1983 realiza a serie Satélites na que emprega materiais como o formigón e procesos de encofrado en ensamblaxes fragmentarios de aire industrial. No mesmo ano unha breve estancia en Nova York permitiulle tomar contacto con novas tendencias a través das visitas ao MOMA e outros centros de arte de vangarda.
Ao seu regreso de Nova York pasa «do satélite ao monólito», segundo as
súas propias palabras, dándolle mais importancia á terra que aos
conceptos espaciais. Desde este momento a súa obra céntrase en
reflexións sobre o valor da cultura autóctona, dos seus símbolos, dos
seus signos, do seu material (a pedra, o granito) e o seu diálogo coa
memoria do lugar onde se van a colocar.
No ano 1984, a súa participación nas exposicións Encontros no Espazo e
Imaxes dos Oitenta chamou a atención do galerista madrileño Fernando
Vijande. Paz empezou a expoñer nas súas galerías entrando a formar parte
dos circuítos nacionais de arte e participando en feiras e exposicións
colectivas no estranxeiro.
Consegue a Bolsa Unión Fenosa de Creación Artística no Estranxeiro en
1992 e regresa a Nova York. Agora deixa a artificialidade da base e opta
por unha posta en escena máis natural das súas pezas.
En
1994 realiza unha das súas obras máis representativas: Familia de
Menhires ou Menhires pola Paz, un conxunto escultórico de doce pezas
situado fronte á Torre de Hércules, na Coruña.
Entre mediados dos anos noventa e comezos do século XXI Manolo Paz
presenta os seus traballos de forma habitual na galería Trinta. De entre
as súas exposicións individuais destacarán nesta época as realizadas na
desparecida Estación Marítima da Coruña (1999), no Museo Barjola de
Xixón (2000), na Fundació Pilar i Joan Miró de Mallorca, así como as
mostras realizadas na madrileña galería Trama ou na compostelá SCQ.
Nesta última exposición abandona o oco para centrarse máis na presenza
da masa no baleiro.
En 2011 é nomeado académico numerario da Real Academia Galega de
Belas Artes de Nosa Señora do Rosario na sección de Escultura,
pronunciando o discurso «A Pedra e o Home: Reflexos» e obtén o «Premio
da Cultura Galega de Artes Plásticas» e o Concello de Cambados
concédelle o «Premio Ramón Cabanillas».
Realiza obras para o Museo de Pontevedra (2002 Onde chega o mar) ou para o Aeroporto de Compostela (2011, Menhir).
En
2013 ten lugar unha exposición individual no Museo de Pontevedra, Luna
azul, comisariada por David Barro, na que utiliza por primeira vez o
granito azul de Baía (Brasil) e ese mesmo ano participa tamén na
colectiva Galicia Petrea, mostra comisariada por Miguel Fernández-Cid
que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia.
2014 é o ano do seu regreso a América. Expón no Centro Cultural de
España en Panamá (Casa do Soldado): Manolo Paz. A distancia que une. A
exposición é a primeira do escultor en América en moitos anos e nela
recompílanse pezas en madeira e pedra realizadas entre 1995 e 2013 sendo
unha importante retrospectiva da obra do artista. Tamén é parte da
selección de artistas da colectiva Auga Doce na Cidade da Cultura de
Galicia.
A súa participación na exposición Narrativas monumentais, comisariada polo tamén artista Álvaro Negro no MAC da Coruña e en Ao carón do mar, unha mostra de escultura pública na que xunto a outros escultores galegos de distintas xeracións presenta a súa obra Nasa de estrelas realizada a partir de malla de aceiro son algunhas das súas últimas accións no ano 2016.