Como
proposta final de tempada traemos unha película que, como un dos
seus directores dí “É como un diario do peche, pero tamén
é un diario anti-confinamento
.” 

cinemAteneo

DIÁRIOS DE OTSOGA
De Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes

Luns 13 de xuño, 19.45 horas
Multicines Norte

Esta idea de punto e á parte é a que queremos recoller nesta
sesión, aproveitando para facer unha reflexión dos cambios que nos
trouxo o confinamento no ámbito do cinema. A recente nova de que os
Cines Norte van reducir os días de exhibición de venres a luns fai
que se acendan as alarmas de todos os amantes do cinema desta
cidade. 

Convidámosche a unirche á conversa o vindeiro luns 13 de xuño
ás 19:45h nos Cines Norte coa película “Diários de Otsoga”.

A PELÍCULA: DIÁRIOS DE OTSOGA

Argumento

Crista, Carloto e João están a construír un aireado
invernadoiro para bolboretas no xardín. Os tres  comparten
rutinas do fogar, día tras día… E non son os únicos. 

“Todo comezou co desexo de facer algo compartido; cando a xente
estaba a filmar cun teléfono na  súa casa. Todo o mundo estaba
a facer iso, así que pensamos: “Isto está ben, é comprensible
e ten  como resultado boas películas”. Pero queriamos
facer outra cousa: unha película de confinamento,  pero xuntos, filmada en celuloide en lugar de en dixital. Máis
tarde comprendémolo, cando nos  fomos a esta casa e fixemos as
probas PCR. O que realmente queriamos era vivir e facer unha 
película xuntos, como unha reacción a esta idea do confinamento.
[…] É como un diario do peche,  pero tamén é un diario
anti-confinamento.” Miguel Gomes, un dos co-directores nunha
entrevista  sobre o filme. 

Os Directores

Maureen Fazendeiro (1989) é unha cineasta e guionista francesa
afincada en Lisboa. Estudou  literatura, arte e cinema na
Universidade Denis Diderot de París e traballou na editorial 
Independencia. As súas películas Motu Maeva (2014) e Sol Negro
(2019) foron seleccionadas en  festivais internacionais de
cinema como FID Marsella, Toronto, Mar do Prata, Viennale, Valdivia, 
DocLisboa, Vila do Conde, Turín, Xixón… e proxectáronse en
cinematecas, museos e feiras de arte  ( MoMa, Biennale dei
Veneza, Aichi Triennale, FIAC París…). Traballa co medio
cinematográfico e  é membro de L’Abominable, un laboratorio
dirixido por artistas con sede en París. A súa  colaboración
con Miguel Gomes comezou en 2014 cando traballou como directora de
casting para  a rodaxe en Francia de As Mil e Uma Noites.
Despois colaborou como guionista nos seu seguinte proxecto,
Selvajaria. 

Miguel Gomes naceu en Lisboa, Portugal en 1972. É director,
guionista, crítico de cinema e  publicou numerosos artigos de
teoría cinematográfica. Estudou na Escola Superior de Teatro e 
Cinema – IPL da súa cidade natal. A súa primeira longametraxe, A
cara que mereces (2004), é  unha comedia que se desenvolve
nunha especie de conto sobrenatural. O seu segundo longo,  Aquel
Querido Mes de Agosto (2008), é un película sobre amores
contrariados entra unha cantante  e o seu primo. Tabú (2012),
un drama sobre unha muller retirada e gravada en Mozambique, 
mostrar a capacidade do colonialismo de adormentar o pobo e a
violencia da descolonización. Gomes recentemente presenta As Mil e
Unha Noites (2015: Volume 01, O Inquieto; Volume 02, O Abatido;
Volume 03, O Encantado), unha triloxía de máis de seis horas de
duración rodada en terras  musulmás e gregas, que mestura a
maxia oriental, a crise económica e a historia de Portugal. A 
película foi estreada este ano no Festival de Cannes e é o filme co
que Portugal compite aos  recoñecidos premios Óscar.

Ficha Técnica

Dirección, Maureen Fazendeiro, Miguel Gomes
Guión, Maureen
Fazendeiro, Miguel Gomes, Mariana Ricardo
Fotografía, Mário Castanheira
Edición, Pedro Filipe Marques
Son e Música, Arturo B. Fress
Produción, O Som e a Fúria, Uma Pedra no Sapato
Duración, 102
minutos
Ano de produción, 2021

Máis sobre a película:

Entrevista en Cineuropa

Entrevista no Film at Lincoln Center

Entre vista no Notebook Mubi

Entrevista en Film Comment