Chega o segundo Estado da Cuestión organizado polo Ateneo Atlántico, nesta ocasión sobre A situación das artes escénicas en Vigo


O
mércores 17 de xaneiro, ás 19.30 horas, na biblioteca da Escola
Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), o Ateneo Atlántico propón
un novo “Estado da cuestión”, neste caso sobre as artes escénicas en
Vigo.
O formato do Estado
da Cuestión consiste na presentación de cada palestrante facendo un
diagnóstico de 5 minutos cada un, ao que seguirá un coloquio-debate
entre eles e co público para que os asistentes podan preguntar,
propoñer ou opinar, desde unha participación o máis activa
posible. O Ateneo pretende que deste modelo de
encontro poidan saír
ideas que dean froitos sobre a situación destas manifestacións
artísticas, algo pouco frecuente no debate cultural da cidade.
En total,
participarán oito axentes ben coñecedores desta realidade:
  • Marité
    Cores, polo Teatro García Barbón d’Afundación
  • Raquel Hernández
    e Pedro Fresneda, polo Teatro Ensalle
  • Marcos Alonso, pola Sala
    Ártika
  • Un representante do Auditorio Municipal do Concello
  • Olga
    Cameselle e Alfredo Rodríguez, por dous colectivos que levan moitos
    anos traballando na danza e no teatro: A Artística
  • Santi
    Montenegro, por Artello Teatro
  • Julio Fer por Anómico Teatro
  • Manuel F. Vieites, pola Escola Superior de Arte Dramática de Galiza.

En
opinión do coordinador do acto, o dramaturgo, doutor en artes escénicas
e director de escena, Afonso Becerra, “sobra dicir que as artes
escénicas, a
danza e o teatro, sobre todo nos estilos máis contemporáneos, son
un dos indicadores principais do benestar e do desenvolvemento
cultural dunha colectividade”, e engade que neste encontro “daránse
cita os axentes activos na cidade de Vigo neste momento, directamente
relacionados coa produción e exhibición de espectáculos, e tamén
coa formación.

Este é o segundo Estado da Cuestión organizado polo Ateneo
Atlántico desde que comezou a súa andaina a primeiros de outubro. O
anterior foi sobre o futuro do Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
Ambos enmárcanse nun ciclo sobre os contedores culturais da cidade e
o seu aproveitamento social e cultural

A entrada será libre ata completar o aforo do local que é, aproximadamente, de 90 persoas.