Presentación do libro Transmigrantes de María Alonso
Proxección da película En tierra extraña de Icíar Bollaín
Participará, xunto coa autora, a escritora e profesora universitaria Rexina Vega
Xoves 11 de xaneiro de 2017.
19 horas
Casa do libro
María Alonso, doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo cunha tese
sobre Diasporic Marvellous Realism. History, Identity and Memory in
Caribbean Fiction (Brill, 2015). Na actualidade reside en Edimburgo
onde se dedica, entre outros labores, á escrita de ficción e poesía en lingua galega e inglesa e á docencia. Despois do cataclismo (Urco
Editora 2015) foi a súa primeira novela.
tenta desenvolver e actualizar unha teoría sobre o fenómeno da
emigración da mocidade. Transmigrantes serían aquelas persoas que na súa
experiencia migratoria pasan por varios países até asentárense, se
acaso, nun, contemplando, na súa experiencia, como todos e cada un
dos países aos que viaxan van tornando máis e máis precarias as
súas condicións laborais e de estadía.
perspectiva de hibridación de xéneros, o seu relato comparte
elementos do ensaio, da reportaxe, da memoria…, porque o necesario é,
antes de nada, proceder a desentrañar os aspectos novidosos e
perversos que afastan os transmigrantes dos emigrantes tradicionais,
en tanto que suxeitos políticos nunha nova conxuntura urdida polas
políticas neoliberais que nos administran. Cómpre, pois, unha
teoría antes de actuar, desentrañar no intelecto as razóns e as
consecuencias, as causas e os efectos, antes de irmos ao mesmo cerne
do conflito. Porque se trata do síntoma, doloroso, sen dúbida, dun
conflito. Nese sentido, o libro encontra a súa máis próxima
interlocución en obras audiovisuais recentes que, tamén, tentan dar
conta da novidade deste modo de desarraigo: o documental No Cow on
the Ice de Eloy Domínguez Serén sobre a súa experiencia en Suecia,
ou En tierra extraña de Icíar Bollaín, sobre a diáspora española na propia Edimburgo.
En 2014 gañou o Premio Xerais de novela con Cardume (Xerais, 2014).
Para ilustrar e completar a presentación proxectaremos En tierra extraña película documental de Icíar Bollaín que recolle as vivencias dos españois que tiveron que emigrar a outros países por mor da crise. Gloria é unha das 700.000 persoas españolas que deixaron o Estado desde o inicio da crise. Almeriense de 32 anos, mestra sen praza e dependenta nunha tenda de Edimburgo desde hai dous anos, Gloria pon en marcha, xunto ao colectivo que ela mesma impulsou, unha acción que, baixo o lema “Nin perdidos nin calados“, exprese a súa frustración e dea visibilidade e voz aos máis de 20.000 españois que viven na capital de Escocia e que desexan participar na iniciativa.