Conversa con…
Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro
Presenta: Ramón Nicolás

Mércores 31 de xaneiro.
19 horas
Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, Vigo)
Palabras no espello. Conversa con…

O Ateneo Atlántico pon en marcha un novo modelo de actividade baixo o título xenérico de ‘Palabras no espello’. Os protagonistas da xornada falarán de si diante do público asistente, abríndose a continuación a un coloquio.
Esta primeira serie
do ciclo, co título Conversas con, adicarase ao peso e
importancia da Literatura infantil e xuvenil feita desde Galicia.
Trátase dun xénero no que a lingua galega está a acadar un amplo
recoñecemento alén da nosa terra.
Para esta inauguración contaremos coa
participación de Ledicia Costas, autora de Escarlatina, a
cociñeira defunta
, coa que gañou o Premio de Literatura
Infantil e Xuvenil en 2015, e Antonio García Teijeiro, autor
de Poemar o mar, gañador en 2017. A Conversa será conducida polo
crítico, profesor e escritor Ramón Nicolás, recoñecido con numerosos galardóns tanto como
tradutor, ensaísta e xornalista cultural.

O premio de
Literatura Infantil e Xuvenil, que chegará en 2018 á súa 40a
edición, leva premiado catorce obras publicadas en linguas distintas
ao castelán: sete en catalán, unha en euskera e seis en galego. A
proporción das publicadas na nosa lingua é chamativa e confirma o
peso e calidade do traballo da nosa escrita. En 2008 tamén o
recibira Agustín Fernández Paz por O único que queda é
o amor
. Dáse a
circunstancia de que Fernández Paz, que estivera proposto para o
Nobel de Literatura, Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro,
fixeron, ou fan, o seu labor desde a cidade de Vigo. Daquela, compre
chamar a atención sobre o talento, a creatividade, a aposta
editorial, e a receptividade dos lectores, que se dan na nosa contorna.
Os nomes de Agustín, Ledicia e Antonio, veñen unirse aos de Paco
Martín
, premiado por Das Cousas de Ramón Lamote en 1986, Xabier
Docampo
, que o recibiu en 1995 por Cando petan na porta pola noite e
Fina Casalderrey que o levou en 1996 con O misterio dos Fillos de
Lúa
.
Para esta primeira
Conversa con, e para dar unha pouca de cor ao acto, contouse coa colaboración do alumnado do CEIP
Pombal e do IES de Valadares, que tamén participarán no evento.