Presentación do libro “El despilfarro de las naciones”

O mércores 7 de febreiro, ás 19.30 horas, na Casa
del Libro, na rúa Velázquez Moreno de Vigo, o Ateneo Atlántico
presenta, xunto coa editorial “Clave intelectual” o ensaio “El
despilfarro de las naciones
”, de Albino
Prada, prologado por Antón Costas, onde se revisan numerosas
contribucións intelectuais en relación a contrapoñer o malgasto,
contra a escaseza, como feito determinante no devir das nosas
sociedades. Argumenta por e como o desperdicio de persoas e riquezas
convértese, hoxe, a maior ameaza para a nosa especie.
Albino Prada
Blanco, nado en O Bolo en 1955,
é Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de
Compostela (1991).
Actualmente
profesor de Economía Aplicada na Universidade

de Vigo foi membro do Consello Galego
de Estatística, do Consello Económico e Social de Galicia e do
Consello da Cultura Galega.
No ano 1979 recibiu o Premio de
Ensaio, da Fundación Premios da Crítica de Galicia, xunto a Abel
López Rodríguez por “A outra economía galega”.
Os seus campos de traballo céntranse
na análise crítica do crecemento e desenvolvemento rexional, así
como nos aspectos ambientais e sociais do mesmo. Sobre esa temática,
ademais de libros e informes técnicos, ten publicado artigos
académicos en múltiples revistas españolas e estranxeiras.
Salientar o seu compromiso na
divulgación destas propostas tal como amosan as súas múltiples
colaboracións nos medios de comunicación, suliñando a súas
habituais columnas na Voz de Galicia. Destaca, neste senso, a súa
xenerosa dispoñibilidade á hora de colaborar coas diversas
organizacións sociais.
No acto de presentación estará acompañado de Xosé Carlos Arias, lugués
(intramuros), Catedrático de Política económica na Universidade de
Vigo.
Entre as múltiples publicacións
debemos destacar algún dos seus últimos libros: “La nueva piel
del capitalismo “ én colaboración co prestixioso analista de
economía e catedrático Antón Costas (Galaxia G., 2016), “Nuevo
instuticionalismo: gobernanza económica y políticas públicas”
(CIS, 2013) e outro traballo conxunto con Antón Costas “La torre
de la arrogancia” (2º edc. Ariel, 2012) . Columnista habitual de
“La Voz de Galicia”, destaca a súa función divulgadora nos
medios de prensa e televisión. Así mesmo e de suliñar a
permanente colaboración en publicacións e libros impresos por
editoriais internacionais como Springer ou Routledge.

En representación do Ateneo Atlántico, actuando como moderador, estará Emilio Fernández Zunzunegui,
Coordinador Área Socioeconómica.