Antonio Fraguas e as crenzas da morte na cultura popular
Con Camino Noia Campos · Presenta M. Forcadela
Casa Galega da Cultura · Pza. da Princesa /sn
Mércores 15 maio · 19:30h
Con Camino Noia Campos · Presenta M. Forcadela
Casa Galega da Cultura · Pza. da Princesa /sn
Mércores 15 maio · 19:30h
Galicia ten unha simbólica e forte
presencia da morte na súa cultura popular. Antonio Fraguas, xa o puxera
de manifesto no seu artigo “O culto ós mortos“, que en 1931, e
con só 26 anos, publicara na revista Nós. Esta presencia quedaría xa
dende aquela, plasmada en toda a súa obra e traballo como etnógrafo e
antropólogo. Para celebrar a homenaxe que Antonio Fraguas recibe neste Dia das Letras Galegas,
Camino Noia Campos quere, xunto con Manolo Forcadela e o Ateneo
Atlántico, repasar este importante aspecto na súa obra nesta palestra
que se celebrará na Casa Galega da Cultura, o vindeiro mércores 15 de maio, ás 19:30h

-
María Camino Noia Campos (Santiago de Compostela, 1945) é Catedrática
Emérita de Lingua e Literatura galegas na Universidade de Vigo, ademáis
de traballadora pola normalización linguística de Galicia,
especialmente no eido da formación do profesorado en lingua galega.
Desenrolou tamén un importante traballo na traducción, organizando os
estudos de Tradución e Interpretación, ou fundando a “Revista Galega de
Traducción: Viceversa” da que foi directora. En 1979 funda, xunto a
Germán Sánchez e Xulián Maure, Edicións Xerais de Galicia. Entre a súa
obra máis destacable atopamos “Contos galegos de tradición oral”
(Nigratrea, 2002) ou “A nova narrativa galega” (Galaxia, 1992)
- Manuel Forcadela
é Historiador da literatura, poeta, e novelista. Profesor de Filoloxía e
Tradución da Universidade de Vigo. Colaborador en diversas revistas e
xornais. Da súa ampla produción cumpre destacar: O varredor en outono (Sotelo Blanco,
1988); A harpa e a terra (Ed. Xerais, 1988); Fóra de xogo (Edicións do Cumio, 1993); Morte do fadista (Espiral Maior, 2000); Dama Saudade e o cabaleiro Sombra (Frank @ Timme, 2012)
Entrada libre ata completar aforo (55 prazas)