Unha análise da cidade coa revista Luzes
Unha conversa con Suso Iglesias e Maria Xosé Porteiro
Librería Versus · r/ Venezuela 80
Luns, 20 de maio · 20:00h
No seu último número, a revista Luzes adicou un monográfico especial á analise dos retos das principais cidades de Galicia cara ás vindeiras eleccións municipais. A autora do artigo correspondente a Vigo foi a periodista Maria Xosé Porteiro, que centrou a súa analise nas infraestructuras da nosa cidade e nos retos da conectividade que supón a área metropolitana.
Por iso invitamos á propia Maria Xosé Porteiro e o periodista Suso Iglesias, a un coloquio arredor da idea de pensa-la cidade, nun debate sobre asuntos que deberían estar enriba da mesa nas eleccións do vindeiro día 26. É tamén unha forma de espallar e recoñecer a labor editorial e de periodismo independente e crítico que desenrola a revista Luzes dende o ano 2013, e que lles valeu o premio á súa labor editorial na pasada gala do Libro Galego.
O acto terá lugar na librería Versus, na rúa Venezuela 80, o luns 20 de maio ás 20:00h. con entrada libre ata completa-lo aforo.
- Suso Iglesias Díaz, vigués, xornalista e membro do equipo editorial da revista Luzes. Traballou no Faro de Vigo, e foi creador do programa Xabarin da TVG, onde tamén exerceu como director.
- Maria Xosé Porteiro é xornalista, escritora e política. Traballou en El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, Tiempo e El País. Foi concelleira en Vigo, parlamentaria galega, deputada no Congreso, membro das Asambleas Parlamentarias do Consello de Europa e da Unión Europea e delegada de Galicia no Exterior. Recentemente ten publicada a súa nova novela “Sándalo” (Galaxia, 2019)