Presentación do libro “Crítica del Hiper-capitalismo digital”
Co autor, Albino Prada e Xose Carlos Arias
Casa do Libro · r/Velázquez Moreno 17
Mércores 15 maio · 19:30h
As empresas que lideran os servicios, a publicidade ou a distribución en internet (Alphabet-Google, Facebook ou Amazon) xunto ós xigantes da informática (Microsoft, Apple, IBM ou Intel) están a conformar un mundo á súa medida. Isto manifestase xa nos transportes, no ocio, na información,… onde se crean novos productos, novos modelos de negocio ou se impóñe unha dixitalización dos procesos. Vivimos na era do hiper-capitalismo dixital e a economía 4.0.
Por isto queremos convidarvos este Mércores 15 de maio, na Casa del Libro, á conferencia e presentación do libro de Albino Prada, no que aborda os efectos que ista dixitalización provoca no emprego e na desigualdade, o que nos permite entender máis fondamente esta transformación social dende o punto de vista económico.
- Albino Prada Blanco, nado en O Bolo en 1955, é Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1991). Profesor de Economía Aplicada na Universidade de Vigo e colabora con medios dixitais como CTXT e Infolibre. Foi membro do Consello Galego de Estatística, do Consello Económico e Social de Galicia e do Consello da Cultura Galega. No ano 1979 recibiu o Premio de Ensaio, da Fundación Premios da Crítica de Galicia, xunto a Abel López Rodríguez pola súa obra “A outra economía galega”. Anteriormente ten presentado con nos a súa última obra “El despilfarro de las naciones” (Clave, 2017)
- Xose Carlos Arias, nado en Lugo (intramuros) é Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo e tamén Doutor en Ciencias Económicas. O seu último libro publicado en colaboración con Antón Costa é “La nueva piel del capitalismo” (Galaxia Gutemberg, 2016). É colaborador habitual no diario “La Voz de Galicia”.
Entrada libre ata completar aforo