A Xunta Directiva da Asociación Ateneo Atlántico convoca a para 13 de abril ás 20 horas, no local habitual (Doutor Cadaval 17) a súa Asemblea Ordinaria de socixs correspondente ao ano 2023. Convoca, tamén, e a continuación, unha Asemblea Extraordinaria para a elección da Xunta Directiva, segundo as ordes do día que se xuntan.
Contamos con todxs vós para participar nestas Xuntas Xerais Ordinaria e Extraordinaria.
Se a participación é grande, máis confianza e representatividade estaremos a outorgar á Xunta Directiva electa; canto máis colaboremos ben nos órganos de goberno , ben nas actividades organizadas, maior eficacia teremos no noso funcionamento.
Os Estatutos do Ateneo Atlántico (poden consultar completos en ateneoatlantico.gal) apuntan:
- Artigo 11. (Dos dereitos das persoas asociadas sexan fundadoras ou de número, punto 3): ‘Participar nas Asembleas, con voz e voto, así como ser elector e/ou elixíbel para os os cargos dos órganos de goberno’.
- Artigo 22. (Das competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria: ‘a/ Elixir e cesar os integrantes da Xunta Directiva, b/ Aprobar a federación con outras asociacións, c/ Modificar os Estatutos da Asociación Ateneo Atlántico’…
- Artigo 24. (Da Xunta Directiva). ‘A Asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada polos cargos unipersoais encargados da Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría, Tesourería e de 4 a 12 Vocais… Os cargos serán designados e revogados pola Asemblea Xeral Extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de dous anos, podendo ser novamente elixidos por decisión de Asemblea Xeral ate un máximo de dúas ocasións con un máximo total continuado de seis anos’.
A actual Xunta directiva quere garantir ao máximo o dereito de todas xs socixs (artigo 11) segundo o cal ‘todxs somos electores e elixíbeis’.
Así, no caso de existir un ou máis grupos de asociadxs interesados en formar unha Xunta Directiva alternativa, este é o momento de presentar diante da Asemblea Xeral Extraordinaria as diferentes propostas para que sexa esta a que decida.
Os Estatutos (Artigo 17) apuntan que as Asembleas (ordinaria e extraordinaria), serán convocadas con 15 días de antelación. Así mesmo, os puntos h/ e i/ do Artigo 28 dos Estatutos (das Facultades da Xunta Directiva) especifican: Interpretar os Estatutos e o Regulamento de Réxime Interno e velar polo seo cumprimento, e Ditar normas de funcionamento non contemplados no Regulamento de Réxime Interno.
En función das atribucións conferidas, a Xunta Directiva concreta que:
- As candidaturas á Xunta Directiva non poderán ser individuais. Todo socix que desexe exercer o seu dereito a participar na Xunta Directiva deberá facelo a través da incorporación a unha candidatura ou, previa aprobación por parte desta, por incorporación posterior á Xunta Directiva electa.
- Coa fin de garantir o coñecemento das candidaturas por parte dos asociados mediante a difusión das mesmas cunha antelación suficiente, as Candidaturas notificarán a súa decisión de presentarse á elección a partir do mesmo momento da publicación desta convocatoria e con, cando menos, unha semana -7 días naturais- á celebración da Asemblea.
- Na notificación será suficiente presentar os nomes, números de asociadx, cargos que ocuparía na Xunta e números de DNI de todas as persoas que optan a formar parte das candidaturas á Xunta directiva. No caso de querer xuntar información complementaria sobre a candidatura aos asociadxs, esta será presentada con tempo suficiente para que a Xunta Directiva poida remitila.
- Lembramos que, tamén segundo os estatutos, Artigo 24, a candidatura debe estar formada por, cando menos, oito socios e socias (catro órganos unipersoais -Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría, Tesourería- e un mínimo de 4 e un máximo de 12 Vocais).
- As candidaturas presentarase por calquera das vías habituais: por correo electrónico (ateneo@ateneoatlantico.gal), ou presencialmente (os luns, entre 19 e 20 horas no Espazo Cubo, Dr. Cadaval 17 baixo).
No caso de existir socixs individuais que desexan incorporarse ao traballo sen formar parte dunha candidatura poden aproveitar a asamblea para poñerse en contacto coa Xunta Directiva que resulte elexida.
Xunta Xeral Ordinaria. Orde do día
- Balance de xestión
- Informe económico
- Actualización de estatutos
- Rogos e preguntas
Xunta Xeral Extraordinaria. Orde do día
- Elección da nova Xunta Directiva
Animándovos, de novo, a participar dos órganos de goberno do Ateneo Atlántico, e moi especialmente, a acudir ás Asembleas e actos que celebramos.