O acto, enmarcado no contexto do 8 de marzo, desenvolveuse o xoves 9 de marzo na bliblioteca da EMAO. Helga Pita Romero conversou con Amada Traba sobre as Realidades da prostitución e a pornografía na nosa sociedade actual.
Realidades da pornografía e a prostitución na nosa sociedade actual foi organizada polo Ateneo en colaboración coa ONG Fiet Gracia de axuda a mulleres vítimas de trata.
Helga Pita Romero é Educadora social especializada en intervención con mulleres VTSH (Víctimas de trata de seres humanos).
É directora do Recurso residencial “Nuevos comienzos” da ONG Fiet Gratia.
Coordinadora do proxecto de detección de VTSH e atención a mulleres en contexto de prostitución e explotación sexual da ONG Fiet Gratia en Galicia.
Amada Traba é profesora da Universidade de Vigo desde o ano 1996. Docente de Socioloxía da Educación, materia na que aplica a perspectiva de xénero.
Desde hai 30 anos participa en numerosas actividades de formación en materia de igualdade e xénero, posgraos e outro tipo de cursos (actualmente o de Canteira de Igualdade promovido pola Deputación de Pontevedra), elabora materiais didácticos, participa en investigacións (recentemente a análise con perspectiva de xénero da producción audiovisual de ficción en Galicia 2020). Realizou diagnoses de situación da igualdade en concellos e na propia Universidade de Vigo, elaborando posteriormente plans de igualdade. Autora, xunto con Chis Oliveira, do libro Ám@me.
A charla foi profusa en datos actualizados e en testemuña do traballo diario de Helga coas mulleres prostituídas.
Un dos temas centrais foi a reflexión sobre se a prostitución é un traballo coma outro calquera.
Entre as conclusións, unha destacou por riba das demais: a prostitución e outro xeito de violencia contra das mulleres, e non respectaba os dereitos humanos.
A ponente fixo unha interesante exposición comparativa dos países que regulan a prostitución e daqueles que están pola abolición.
A postura das dúas relatoras era a prol de abolición.
Houbo un intenso debate.
A actividade, en xeral, soubo a pouco e quedamos sen falar da pornografía.
O Ateneo organizará un acto de continuación.