O pasado 4 de setembro, e para abrir a nova tempada, a nosa Presidenta, Luisa Abad, foi entrevistada no Atlántico Diario. A cabeceira destaca titulares como “espazo cultural independente”, “plural e sen condicionantes”, “actividades sempre atentas á actualidade”, “polo Ateneo teñen pasado centos de persoas”, nesta nova tempada “procuraremos a consolidación e atraer aos máis novos”, ou, a día de hoxe “temos unhas 300 persoas socias”.
A entrevista completa pode lerse aquí, e tamén se pode ver o vídeo na canle de Youtube do Atlántico Diario (vídeo da entrevista a Luísa Abad)