CLUB DE LECTURA
Libro de xaneiro

EL ADVERSARIO
Enmanuel Carrère

Resumo da Xuntanza
 

Reunímonos o 2 de febreiro dezasete persoas no Cubo.
En xeral gustounos moito o libro. Apuntamos que é: profundo, duro, perturbador,morboso, inquietante…comprobamos que a realidade supera á ficción ao estar baseado nun feito real. Houbo moitas reflexións sobre os motivos que puideron levar ao autor a intentar entender a este personaxe. Falamos de enfrontarse ao inhumano que podemos ser os humanos.
O tema de “a loita entre o ben e o mal” resólvea achegándose a ese neno rodeado de mentiras piadosas cando o discurso que se lle inculca é que non se pode mentir. Ás veces parécenos que empatiza de máis co asasino e ata se menciona un posible síndrome de Estocolmo do autor. Noutros capítulos fai esforzos por fuxir do maniqueismo. Nos finais ten un cambio de actitude.
Pareceunos moi interesante a forma de narrar de Carrère entre o xornalismo e a novela coa súa presenza por medio como narrador periférico. Usa técnicas detectivescas.
O debate foi moi interesante. Resaltamos as ideas que máis comentamos:

  • Ata que punto coñecemos ás persoas que nos rodean?
  • Que hai detrás da imaxe que ofrecemos?
  • Dános un retrato de unha sociedade enferma e podre. A xente traga con todo. Queremos crer e non saltan as alarmas.
  • Por que o autor escolle sempre este tipo de temas tan polémicos?
  • Como se pode ir forxando unha personalidade narcisista e psicópata
  • Cal é o motor da mentira?
  • A compaixón como nova ética que consinta as patoloxías.