Visita guiada á exposición

Antonio Palacios
Soños de modernidade
Compromiso con Galicia

Venres 25 de febreiro, 17 horas
Museo do Mar de Galicia

Visita previa inscrición cos criterios habituais

O prazo de inscrición abrirase o mércores 16 de febreiro ás 20 horas

ENLACE AO FORMULARIO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN
 

Antonio Palacios Ramilo (O Porriño 1874 – Madrid 1945), arquitecto e urbanista soñou, desde Galicia, con cidades diferentes e máis habitables.

A exposición Antonio Palacios. Soños de Modernidade. Compromiso con Galicia. rende homenaxe a ao xenial arquitecto galego.

Durante a visita poderemos ver planos de proxectos, fotografías, extractos de prensa do momento que documentan as súas propostas, maquetas dalgunhas das súas obras paradigmáticas (Teatro García Barbón de Vigo, Círculo de Bellas Artes de Madrid ou o Templo do Mar de Panxón), montaxes audiovisuales nas que se amosan imaxes de vellas películas nas que aparecen as súas obras, pezas orixinais elaboradas para a decoración
interior dos edificios, etc.

Para máis información podes consultar e mesmo descargar en pdf o catálogo-libro gratuíto publicado polo Museo do Mar:

Tamén podedes ver o vídeo que elaborou a organización da exposición:

 

Lembra que para participar na visita é imprescindible a inscrición previa.
Para facelo tes que cubrir o formulario correspondente

ENLACE AO FORMULARIO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NA VISITA