cinemAteneo

Exit Through The Gift Stop
De Banksy
Con Lula Goce

Mércores 9 de febreiro, 20 horas
Multicines Norte
(Entradas xa a venda na páxina dos cines)

Exit Through the Gift Shop” é unha película documental británica, dirixida polo artista urbano Banksy no ano 2010.

Conta a historia de Thierry Guetta, un excéntrico comerciante francés establecido en Los Ángeles, afeccionado a gravar todo o que acontece ao seu redor.
Un día decide poñerse tras a cámara para realizar unha película sobre arte urbana.
A película contén imaxes exclusivas de Banksy e algúns dos máis importantes artistas urbanos como Space Invader ou Shephard Fairey.
Pero tamén aborda unha interesante reflexión sobre o mercantilismo da arte nos nosos días.

Para falar de arte urbana e o seu desenvolvemento actual contamos con Lula Goce.

Lula Goce (www.lulagoce.com) é unha das artistas visuais con máis proxección internacional.
Naceu en Baiona, licenciouse en Belas Artes na especialidade de pintura na Universidade de Salamanca e completou a súa formación en creación artística cunha mestría e un doutoramento en Barcelona.
Desde o principio interesouse pola escultura e pintura efémeras, participando en distintos concursos e proxectos en lugares públicos, museos e galerías.
Hoxe en día as súas obras poden verse desde Vigo a Nova York, pasando por México, Italia ou Bélxica, entre outros lugares.
Súas son as medianeiras que nos atopamos en Vigo na avenida da Florida 45 e a xa tristemente desaparecida en Tomás A. Alonso, na curva de San Gregorio.
Actualmente está nomeada nos Street Art 2021 -unha selección de 100 obras ao redor do mundo que a plataforma especializada en arte urbana somete a votación popular en Instagram- por unha obra en Aranda de Douro (Burgos) en homenaxe ás persoas que padecen ou padeceron cancro de mama.