• Club de lectura. Novembro

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    O libro elixido polo Club de Lectura para ler ao longo do mes de outrubro e comentar o 8 de novembro é Tirano Banderas, de Ramón María del Valle-Inclán.

  • Adolescencia e pornografía

    Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

    Pepe Cabido e Chis Oliveira conversan sobre as consecuencias que ten o modelo pornográfico na adolescencia. Será o xoves 9 de novembro, ás 19.00 horas, na Casa Galega da Cultura.

  • cinemAteneo: Gaza

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    Nun momento de intensidade extrema no conflito palestino-israelí, o cinemAteneo organiza e emisión da película documental Gaza, de Carles Bover e Julio Pérez. Será o luns 13 de novembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO. Para comentar a película contaremos coa presenza de Mohamed Safa.

  • Realidades e mitos da IA

    Mitos e realidades da Intelixencia artificial. Martes 14 de novembro, 19.30 horas, biblioteca da EMAO. Con Antonio Torrado. Presenta Luís Otero.

  • Presentación libro. Xaime Toxo

    Libraría Versus Venezuela 80, Vigo, Galicia, Spain

    O Ateneo Atlántico organiza a presentación da novela 70º Norte, de Xaime Toxo, publicada por Editorial Galaxia. O acto terá lugar o mércores 15 de novembro, ás 20 horas, na libraría Versus. O autor estará acompañador por Manolo Bragado e Marcos Calveiro.

  • Presentación libro: Nones Araújo

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    O Ateneo Atlántico ten o pracer e o orgullo de presentar a última novela da nosa socia e amiga Nones Araújo. Tratase da novela 'A madriña', que foi galardonada co premio Alén do Concello de Ares e a Editorial Hércules. No acto, que terá lugar o xoves 16 de novembro, ás 19.30 na biblioteca da EMAO, a autora estará acompañada por Enrique León e a editora, Laura Rodríguez.

  • Pressentación libro: Chisco Fdez Naval

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    Ser cetáceo é o título do último libro de Francisco X. Fernández Naval, libro que presentará con nós o luns 20 de novembro, ás 19.30 horas na biblioteca da EMAO. No acto, o autor estará acompañado de Chis Oliveira e Antonio García Teijeiro.

  • Elvira Landín

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    O Ateneo Atlántico quere sumarse aos actos de recoñecemento a Elvira Landín pola súa traxectoria en prol da defensa xurídica dos dereitos laborais das traballadoras e traballadores, iniciada en tempos do franquismo. O acto de nomeamento como Socia de Honra do Ateneo terá lugar o mércores 22 de novembro, ás 19 horas, na biblioteca da EMAO.