• Espantallos 2012 – 2025. Visita comentada

    Visita comentada á exposición fotográfica Espantallos 2012 - 2025 de Manuel Sendón. Quen? O propio fotógrafo Manuel Sendón. Cando? Martes 21 de abril, ás 19.30 horas. Onde? Na Fundación Laxeiro en Rúa Policarpo Sanz, 15, Vigo.

  • Agora non é antes

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    Presentación do libro de Antón Baamonde: Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila.
    Quen? O autor Antón Baamonde estará acompañado por Manolo Bragado e Xavier Martínez Covas. Cando? Mércores 25 de abril de 2026 ás 19.30 h. Onde? Biblioteca EMAO (R. de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra)

  • Recuperando as voces da marxe da historia

    Local Ateneo Hernán Cortés 28 Baixo D, Vigo, Galicia, Spain

    Presentación do libro Ruth Matilda Anderson, tradutora das marxes de Alba Rodríguez Saavedra. Neste libro desenmascáranse os diferentes mecanismos que operaron e operan para manter afastada do noso sistema a...

  • Premio Primeiro de maio ao compromiso social e solidaridade

    A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo tivo a ben outorgar o Premio Primeiro de maio 2026 ao Ateneo Atlántico polo seu compromiso social e solidaridade na nosa cidade. O acto será o venres 24 ás 19.30 h. no Museo do Mar.

  • José Suárez, uns ollos vivos que pensan

    Conmemoración do Día das artes galegas adicado a José Suárez. Quen? Manuel Sendón, X.L Suárez Canal e presenta Anxo Cabáda. Cando? Martes 28 de abril de 2026 ás 19.30 h....

  • CinemAteneo. ¿Dónde están mis hijos?

    O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar a miniserie ¿Dónde están mis hijos? da periodista afgá refuxiada en España Khadija Amin. Tamén presentarase o libro: "Sin velo, una mujer libre contra los talibanes", Quen? Mónica Nión coautora e Khadija Amin protagonista, presentadas pola periodista Magis Iglesias. Cando? Mércores 29 de abril, a partir das 19.00 horas. Onde? Na sede da ONCE (Avda. Gran Vía, 16 - 36203 - Vigo)

  • Certame Exeria Ateneo Atlántico 2026

    O Ateneo Atlántico de Vigo convoca a 6ª edición do Certame Exeria Ateneo Atlántico de Relatos breves correspondente ao ano 2026. Os relatos terán como tema 'Vigo fronteira' e poderán presentarse ata o 30 de marzo. Máis información en ateneoatlántico.gal

  • Idadismo: estereotipos, prexuizos e discriminación

    Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

    Reflexión sobre o idadismo, é dicir, os estereotipos, prexuízos e discriminación por razón da idade que poden aparecer nas relacións sociais ou persoais afectando á percepción do envellecemento e ás oportunidades das persoas maiores. Analizaranse tamén estes mecanismos desde unha perspectiva de xénero. Quen? Jose María Failde Garrido, Sabela Mallo López e presenta Miguel Pérez Pereira. Cando? Martes 5 de maio, a partir das 19.30 horas. Onde? Na Plaza de la Princesa, 2. Vigo.