- Este evento pasou.
Recuperando as voces da marxe da historia
23 Abril / 19:30 – 20:30
Presentación do libro Ruth Matilda Anderson, tradutora das marxes de Alba Rodríguez Saavedra. Neste libro desenmascáranse os diferentes mecanismos que operaron e operan para manter afastada do noso sistema a obra Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, a monografía referencial de Anderson sobre Galicia e a única desta tipoloxía que publicou.
Quen? A autora Alba Rodríguez Saavedra estará presentada por Claudia Morán. Cando? Xoves 23 de abril de 2026 ás 19.30 h. Onde? Espazo Ateneo (Rúa Hernán Cortés 28 Vigo, Pontevedra).

O Libro
O libro presenta unha análise exhaustiva do país alicerzada na documentación histórica, literaria e etnográfica, reflíctese con claridade, a través da cesión da palabra ás protagonistas, a dureza da vida das mulleres rurais da altura, así como o compromiso feminista de dúas escritoras paradigmáticas, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.
Ruth Matilda Anderson, investigadora, fotógrafa, tradutora e ensaísta, reivindicou a Galicia do campesiñado, das mulleres e da infancia, trasladando unha visión complementaria á que tradicionalmente ofreceu a nosa historiografía canónica.
(Da ficha do libro na web de Editorial Laiovento ).
Alba Rodríguez Saavedra
Alba Rodríguez Saavedra é tradutora, editora técnica e integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo. As súas liñas de estudo principais, asentadas en feminismo e tradución, céntranse na análise das manipulacións arredor da moura e da cailleach, e o seu traballo de investigación A tradución das marxes como reivindicación das mulleres galegas. Elas, as elididas, a través de Ruth Matilda Anderson recibiu o Premio de Investigación Enxeñeiro Comerma, do Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña 2023.
(Da ficha do libro na web de Editorial Laiovento ).
O acto


