Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Agora non é antes

22 Abril / 19:30 20:30

Presentación do libro de Antón Baamonde: Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila.
Quen? O autor Antón Baamonde estará acompañado por Manolo Bragado, Xavier Martínez Covas e Teresa Táboas. Cando? Mércores 22 de abril de 2026 ás 19.30 h. Onde? Biblioteca EMAO (R. de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra). (Pendente de completar ! )

Agora non é antes.

Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila le Galicia doutra maneira.

Combater os clixés, transformar o modo en que nos imaxinamos, abandonar as retóricas da pasividade, enfocar o país dun modo máis plausible, é o que propón este libro.

Galicia está acabando a gran transformación que se produciu no último medio século e, á vez, entrando nun momento crucial da súa historia. Na acelerada e tormentosa inflexión mundial que se está producindo haberá unha nova oportunidade? Sería posible unha revolución tranquila? Sería posible que o fenomenal cambio económico e social que viviu Galicia nas últimas décadas abrise o camiño a unha transformación política e cultural? Sería posible un camiño propio, un modelo de modernización coherente, unha nova narrativa colectiva? Sería posible, indo máis aló, unha Galicia que axude a construír unha España policéntrica e un pacto federal, integrada na UE?

(Da ficha do libro na na web de Editorial Galaxia ).

Antón Baamonde

Antón Baamonde (Vilalba, 1959) é licenciado en Filosofía. Ensaísta e articulista, é autor dunha obra onde o literario e o filosófico se funden en libros como Sobre o tempo (1990) e A rosa sen porqué (1997), publicadas en Editorial Galaxia. Heterodoxo de si mesmo, intenta non repetirse, por iso, noutros traballos mirou pola fiestra o que pasaba e debuxou unha visión da sociedade galega: socioloxía a machado cunhas pingas de costumismo e leve ironía.

Diletante e afeccionado ás venalidades e bagatelas, pensa o que pensa, e non o que os demais queren que pense. O seu último ensaio publicado en Editorial Galaxia foi Unha nova Olanda (2021), onde defende que as cidades son “un estado de ánimo”, e propón un modelo de futuro para Galicia baseado na interconexión da súas urbes con Portugal.

Da ficha do autor na na web de Editorial Galaxia ).

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map